InteRed Galicia organiza en Santiago de Compostela, o día 12 outubro de 2011 unha Xornada formativa co título: “Masculinidades para reforzar a equidade de Xénero”, que levarán a cabo especialista do Centro Bartolomeu das Casas do Salvador. O Salvador. Nestas xornadas reflexionarase sobre a identidade masculina e a súa estreita relación coa violencia de xénero exercida, principalmente, por homes e as estratexias para a cultura de paz.
A Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) de Galicia, en colaboración coa Fundación Araguaney – Puente de Culturas, programará do 12 ao 14 de setembro de 2011, no Hotel Araguaney (Santiago de Compostela) o Curso Maxistral "Unha visión europea sobre a ondada de cambios no mundo árabe: entre a estabilidade e a democracia", impartido por Jesús A. Núñez Villaverde.
A Asociación do Monopatín de Ourense organiza, en colaboración coa Deputación de Ourense, o "Obradoiro Independente" de Pep Bonet e Joan Roig os días 13, 14 e 15 de xullo. Está dirixido a fotógrafos de nivel avanzado e aceptaranse un máximo de 20 alumnos repartidos en dous grupos de 10.
O encontro celebrarase o 30 de xuño e o 1 de xullo e pretende ser o primeiro dos encontros anuais de referencia que en Galicia afronten toda esta problemática a niveis europeo, estatal e galego.
Esta fin de semana, celebrarase no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, organizado por Amigos da Terra e AGARESO.
Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) abren o prazo de inscrición para o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, que terá lugar os vindeiros 2 e 3 de abril no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas (Ourense).
Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP), en colaboración co Departamento de Xuventude do Concello de Arteixo, organiza o “Curso de Introducción á Cooperación ao Desenvolvemento e a Educación en Valores”.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics