A convención celebrarase o sábado 22 e o domingo 23 de outubro e este ano ten un atractivo engadido aos xa ofrecidos nas súas tres edicións anteriores: celebrase no interior do centro penitenciario de A Lama (Pontevedra).
Os/as asistentes poderán compartir experiencias cos propios internos/as e mesmo unha comida no interior do penal, algo sen antecedentes coñecidos, alomenos, en Galicia.
A convención mantén o obxectivo co que naceu en 2008 de compartir experiencias en materia de comunicación social, cooperación e solidariedade tanto cos asociados/as de AGARESO coma con membros do terceiro sector, profesionais da comunicación e con público en xeral interesado nestas vertentes. Este ano centrarase de xeito especial na Comunicación para o Desenvolvemento.
Contará coa asistencia de correspondentes de AGARESO noutros países, profesionais de recoñecido prestixio no mundo da comunicación en Galicia e España e entidades sociais de demostrado interese e renome.
Trátase de dous días de experiencia formativa e convivencia que, ademais, serán retrasmitidos a través das canles de radio e televisión de AGARESO e das redes sociais.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa preinscripción a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
O prazo de preinscrición pecharase unha semana antes da convención por motivos organizativos, pois a súa realización no centro penitenciario esixe tramitar permisos específicos que requiren tempo e a presentación do documentación de identidade dos/as participantes.










