"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Formación A importancia dos Dereitos Humanos na Cooperación ao Desenvolvemento
Xoves, 15 Setembro 2011 09:44

A importancia dos Dereitos Humanos na Cooperación ao Desenvolvemento

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)

A Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento (CGONGD) organiza os próximos 26 e 27 de setembro o curso, "O enfoque baseado en dereitos humanos (EBDH) na cooperación internacional para o desenvolvemento". Este curso, destinado a entidades e organismos vinculados á cooperación ao desenvolvemento e aos profesionais e voluntariado que forman parte deles, pretende presentar o EBDH como un novo marco capaz de mellorar a calidade e a eficacia da cooperación.

A formación do curso correrá a cargo da Red en Derechos, no marco do proxecto financiado pola AECID “La nueva mirada: por una cooperación con derechos humanos“, e terá lugar no Centro Sociocultural O Ensanche, de Santiago de Compostela. O día 26 en horario de mañá e tarde, e o 27 só de mañá.

Este curso introdutorio de 12 horas, parte dunha reflexión seria sobre a situación actual da cooperación internacional para o desenvolvemento, presentando o EBDH como un marco que trata de integrar os valores, principios e normas do sistema internacional de dereitos humanos nos plans, políticas e procesos de desenvolvemento. Búscase xerar un cambio na mirada do desenvolvemento: pleno exercicio dos dereitos humanos de todas as persoas e a loita pola igualdade, non discriminación e a xustiza social como claves para lograr o desenvolvemento de todas as persoas e os pobos.

O curso é de balde, aínda que as prazas son limitadas.

Máis información e programa do curso.



agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31