O proxecto ‘Implementar a capacidade de AGARESO para deseñar e realizar accións de sensibilización e visibilización sobre realidades de inxustiza e exclusión social en Galicia e países do Sur’ en Galicia foi concedido pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (DXREeUE) na convocatoria de Axudas para a Consolidación e o Fortalecmento de ONGD 2011.
A persoa contratada terá como cometido realizar as seguintes tarefas: coordinación da rede de voluntarios; maior visibilización e sensibilización na sociedade galega acerca dos proxectos de cooperación realizados dende Galicia con impacto nos países do Sur e visibilización destas realidades; e redacción e coordinación dos proxectos e das accións de visibilización e sensibilización realizados pola entidade.
Os interesados nesta oferta deberán poñerse en contacto coa organización a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo adxuntando o seu currículo vitae e unha carta de presentación na que detalle o seu interese polo posto.










