O curso, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación, pretende dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD para que poidan mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e converténdose ao mesmo tempo, nun espazo de reflexión para analizar as oportunidades e retos que ofrece a comunicación social á hora de acadar unha sociedade máis xusta e solidaria.
Así mesmo, os asistentes realizarán unha visita guiada polos equipamentos de As Corcerizas, comprobando o bo funcionamento das enerxías renovables e coñecendo alternativas viables para unha vida cotiá sostible.
Enlace programa: http://ascorcerizas.com/central/100129wp/wp-content/uploads/2011/03/PROGRAMA_IIcursodecomunicaionecooperacion4.pdf










