"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Formación II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento
Venres, 18 Marzo 2011 12:51

II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
Primeira edición do curso, celebrada no mes de maio de 2010. Primeira edición do curso, celebrada no mes de maio de 2010. AGARESO

Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) abren o prazo de inscrición para o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, que terá lugar os vindeiros 2 e 3 de abril no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas (Ourense).

O curso, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación, pretender dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD para que poidan mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e converténdose ao mesmo tempo, nun espazo de reflexión para analizar as oportunidades e retos que ofrece a comunicación social á hora de acadar unha sociedade máis xusta e solidaria.

Estas xornadas, subvencionadas pola Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, son gratuítas para os asistentes. Non se inclúe o desprazamento.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 28 de marzo. Prazas limitadas.

Para máis información e reservas: 986 125 171 / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


PROGRAMA

agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

1 Comentario

  • Comentar Link Arturo Bermejo Rubio Domingo, 20 Marzo 2011 12:23 enviado por Arturo Bermejo Rubio

    Me gustaría ir si hubiera sitio...
    Un abrazo muy cariñoso.

    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31