Que tratamento informativo reciben a diario as persoas en risco de exclusión social? En que erros adoitan caer os medios de comunicación? Como poderían evitarse? A través deste seminario práctico, EAPN Galicia e AGARESO queren contribuír a crear ferramentas para mellorar a comunicación relativa aos colectivos de persoas máis vulnerables.
O obxectivo principal desta xornada é analizar e mellorar o tratamento da información, terminoloxía empregada e visibilidade dos colectivos en risco de exclusión social, centrando a atención en tres destes colectivos: persoas con discapacidade, poboación inmigrante e colectivo xitano. As persoas participantes no seminario dividiranse en tres grupos de traballo, un para cada colectivo.
Membros de entidades sociais galegas, profesionais dos medios e estudantes de comunicación poden inscribirse no seminario non máis tarde do 18 de outubro, enviando un correo electrónico a formación.eapngalicia@ gmail.com. No correo débese indicar un orde de preferencia sobre los colectivos citados, a fin de que a organización configure os tres grupos de traballo.










