"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Formación 1º edición do Taller Achégache ao Sur na súa versión online
Venres, 08 Outubro 2010 06:52

1º edición do Taller Achégache ao Sur na súa versión online

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
1º edición do Taller Achégache ao Sur na súa versión online 1º edición do Taller Achégache ao Sur na súa versión online Entreculturas

Entrecultuas lanza a 1º edición do Taller Achégache ao Sur na súa versión online. Coa colaboración de Radio ECCA Canarias (institución especialista en formación a distancia), é posible realizar o Taller de forma virtual a través da  rede, ao voso ritmo e cunha contorna didáctica atractivo e fácil de usar.

Este taller ten como obxectivo sensibilizar e fomentar a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global crítica, informada, formada e comprometida coa xustiza e a solidariedade tanto en persoas como en institucións da sociedade civil interesadas en profundar na análise das causas da pobreza,  nas propostas de cambio; e impulsar unha participación comprometida e transformadora.

O taller está dividido en 5 sesións no que miraremos o mundo a través do xénero e o desenvolvemento, as políticas de cooperación, a desigualdades económicas e sociais  e para rematar,  algunhas propostas de participación  e cidadanía.

Queremos que sexa un espazo de encontro e participación no que podamos entre todos e todas, discutir e compartir as nosas experiencias e reflexións sobre un mundo máis xusto e solidario.

A Matricula para as inscricións estará aberta ata o día 24 de outubro e o curso finalizará o 17 de decembro deste ano. A duración do curso é dunhas 25 horas aproximadamente e ao finalizar,  entregarase un certificado acreditativo a todos/as  os/as  participantes que completen o curso.

A través da páxina web do blog de Formación de Entreculturas (www.formacionec.wordpress.com)  e de ECCA, poderedes acceder á inscrición do curso (gratuíto).

Radio ECCA (enlace á folla de inscrición)

agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31