100% Attawassoul

100% Attawassoul

Autor: Roi Palmás e Juan de Sola

Obxectivo: Sensibilización sobre a situación da muller en Marrocos

Fotografías: 32 imaxes

País: Marrocos e España

Ano: 2007

Tamén podes ver o documental “100% muller” e visitar o blog do proxecto

A mostra reflicte a realidade que viven un grupo de traballadoras de empresas do téxtil en Tánxer. Na cidade magrebí hai unhas 50.000 empregadas do sector que traballan máis de once horas diarias en fábricas e pequenos talleres onde se confecciona a roupa que consumimos nos países do Norte, a cambio dun salario co que a penas poden sobrevivir.
A exposición busca denunciar as duras condicións de vida ás que están sometidas estas mulleres, así como concienciar sobre a necesidade de practicarmos un consumo responsable. Ao tempo, dáse a coñecer a asociación Attawassoul, na que as obreiras reciben formación sobre dereitos laborais, albatización, ocio… As imaxes son resultado da viaxe que os xornalistas Roi Palmás e Juan de Sola, voluntarios de AGARESO, realizaron en 2007 a través do proxecto “Xanela aberta ao Sur” da ONGD de comercio xusto Amarante Setem.
Share This