Estreamos nova imaxe de marca deseñada por Patricia Portela, de The Office Comunicación, e novo nome. Pasamos de ser a Asociación Galega de Reporteiros e Reporteiras Solidarias a ser a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, un nome que consideramos máis achegado aos tempos que vivimos e ao futuro que queremos construír.
Tedes dispoñible para descarga o novo logo en jpg, png ou pdf e mais o manual de uso.