Agareso incorporou no curso 2011/2012 a comunicación para o cambio social ao proxecto ‘Escolas sen racismo, escolas
parescuelas-sen-racismo-3a a paz e o desenvolvemento’ que a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) viña implementando en centros educativos de Primaria e Secundaria. Este novidoso enfoque materializouse en obradoiros radiofónicos e audiovisuais, e con posterioridade tamén de prensa e de comunicación de guerrilla, para a formación en valores.

 

escolas-sen-racismo-2Trátase de propostas educomunicativas cuxo obxectivo é espertar unha conciencia crítica e solidaria no alumnado sobre as causas da pobreza e a exclusión para que, a partir do coñecemento das situacións de inxustiza, se sintan quen de mobilizarse para participar nos procesos de cambio.

Ao mesmo tempo, búscase contribuír á construción dunha cidadanía global poñendo en valor a interculturalidade, a diversidade e a igualdade, traballando en rede para impulsar alternativas, tal e como amosan as reportaxes resultantes.escolas-sen-racismo

O proxecto, seleccionado como exemplo de boas prácticas en diversos ámbitos, recibiu recoñecementos coma o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’, o Premio Andaina do Festival Redondela en Curto ou unha mención especial nos premios de Alfabetización Audiovisual que concede o ICAA.

Ademais das intervencións dentro das aulas de centros educativos de primaria e secundaria, Agareso tamén deseña e imparte o Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional para xornalistas, que xa vai pola súa sétima edición e que cada ano tenta contribuír a xerar unha maior conciencia social e profesionalidade entre os/as futuros profesionais do sector da comunicación en Galicia.

ESR 2016/2017

Talleres Audiovisuais: Este curso os talleres audiovisuais levaron a cabo no CPR Vilas Alborada de Santiago de Compostela e abordouse a temática do consumo responsable, que culminou coa elaboración dun vídeo por parte do alumnado. O segundo taller de TV realizouse no CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa con 24 alumnos/as de 6º de primaria cos que se traballou o dereito a unha vivenda digna.

Radio: No CEIP López Ferreiro de Compostela abordouse a sustentabilidade enerxética, co apoio dos compañeiros de Enseñerías sen Fronteiras, a través elaboración de entrevistas e pezas de audio, que se recompilaron neste magazine escolar. O centro educativo santiagués Apóstolo Santiago tamén escolleu a radio como ferramenta de transformación e loita pola igualdade de xénero, como podemos comprobar no seu programa final, que mesmo se animaron a reproducir mesmo nas festas do seu barrio en directo.

Comunicación de Guerrilla: Esta ferramenta que busca romper os canons de comunicación, sobre todo publicitaria, tradicional foi usada polo alumnado de IES Laxeiro (Lalín), Milladoiro (Ames) e IES Torrente Ballester (Pontevedra) para sensibilizar sobre temáticas tan variadas como a desigualdade de xénero no lecer infantil, a crise das persoas refuxiadas ou a discriminación cara aos idiomas autóctonos, como o propio galego.

Escolas sen Racismo 2015/2016

Reportaxes audiovisuais: O obradoiro de televisión desenvolveuse durante o curso 2015/2016 no IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra) e no IES Milladoiro (Ames). No primeiro, o alumnado realizou unha reportaxe sobre o consumo responsable de roupa, para a cal entrevistou a responsables da ONGD de comercio xusto Amarante Setem e da firma de moda ética La Canalla, amais de gravar unha enquisa na rúa. No segundo centro, para a súa reportaxe sobre coidado ambiental as e os estudantes visitaron o punto limpo de Ames, entrevistaron unha activista do Instituto Jane Goodall e gravaron unha enquisa na rúa, para acabar dando os seus propios ecoconsellos.

A mirada do Vilas Alborada: O valioso testemuño dun refuxiado sirio é o elemento central do espazo radiofónico gravado ao longo do curso 2015/2016 no Colexio Vilas Alborada (Santiago de Compostela). No entanto, ‘A mirada do Vilas Alborada’ tamén incorpora as historias de dúas veciñas maiores e mais unha enquisa na feira do barrio para coñecer o traballo comunitario e a inclusión das persoas estranxeiras.

A Lomba FM: As rapazas e rapaces do CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) afrontaron no curso 2015/2016 o reto de entrevistar unha persoa xorda na radio e poñerse no seu lugar. No programa ‘A Lomba FM’ falaron asemade coa xornalista Montse Fajardo sobre a vulneración de dereitos das mulleres na guerra e na ditadura, para rematar cun conto co que reflexionaron sobre a diversidade cultural. Todo isto aderezado con cuñas a prol dos dereitos da infancia.

Escolas sen Racismo 2014/2015

Reportaxes audiovisuais: O resultado do obradoiro televisivo impartido durante o curso 2014/2015 No IES Laxeiro (Lalín) foron cinco reportaxes

Agareso incorporou no curso 2011/2012 a comunicación para o cambio social ao proxecto ‘Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento’ que a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) viña implementando en centros educativos de Primaria e Secundaria. Este novidoso enfoque materializouse en obradoiros radiofónicos e audiovisuais, e con posterioridade tamén de prensa e de comunicación de guerrilla, para a formación en valores.

Trátase de propostas educomunicativas cuxo obxectivo é espertar unha conciencia crítica e solidaria no alumnado sobre as causas da pobreza e a exclusión para que, a partir do coñecemento das situacións de inxustiza, se sintan quen de mobilizarse para participar nos procesos de cambio. Ao mesmo tempo, búscase contribuír á construción dunha cidadanía global poñendo en valor a interculturalidade, a diversidade e a igualdade, traballando en rede para impulsar alternativas, tal e como amosan as reportaxes resultantes.

O proxecto, seleccionado como exemplo de boas prácticas en diversos ámbitos, recibiu recoñecementos coma o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’, o Premio Andaina do Festival Redondela en Curto ou unha mención especial nos premios de Alfabetización Audiovisual que concede o ICAA.

Escolas sen Racismo 2015/2016

Reportaxes audiovisuais: O obradoiro de televisión desenvolveuse durante o curso 2015/2016 no IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra) e no IES Milladoiro (Ames). No primeiro, o alumnado realizou unha reportaxe sobre o consumo responsable de roupa, para a cal entrevistou a responsables da ONGD de comercio xusto Amarante Setem e da firma de moda ética La Canalla, amais de gravar unha enquisa na rúa. No segundo centro, para a súa reportaxe sobre coidado ambiental as e os estudantes visitaron o punto limpo de Ames, entrevistaron unha activista do Instituto Jane Goodall e gravaron unha enquisa na rúa, para acabar dando os seus propios ecoconsellos.

A mirada do Vilas Alborada: O valioso testemuño dun refuxiado sirio é o elemento central do espazo radiofónico gravado ao longo do curso 2015/2016 no Colexio Vilas Alborada (Santiago de Compostela). No entanto, ‘A mirada do Vilas Alborada’ tamén incorpora as historias de dúas veciñas maiores e mais unha enquisa na feira do barrio para coñecer o traballo comunitario e a inclusión das persoas estranxeiras.

A Lomba FM: As rapazas e rapaces do CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) afrontaron no curso 2015/2016 o reto de entrevistar unha persoa xorda na radio e poñerse no seu lugar. No programa ‘A Lomba FM’ falaron asemade coa xornalista Montse Fajardo sobre a vulneración de dereitos das mulleres na guerra e na ditadura, para rematar cun conto co que reflexionaron sobre a diversidade cultural. Todo isto aderezado con cuñas a prol dos dereitos da infancia.

Escolas sen Racismo 2014/2015

Reportaxes audiovisuais: O resultado do obradoiro televisivo impartido durante o curso 2014/2015 No IES Laxeiro (Lalín) foron cinco reportaxes sobre a protección ambiental e animal, cooperativismo, comercio xusto e consumo responsable ou a propia actividade de teatrofórum do proxecto Escolas sen Racismo. As distintas pezas contaron coa colaboración de veciñanza e entidades que actúan zona como a protectora Peludos sen Fogar, a plataforma Salvemos Catasós, Panxea, Cestola na Cachola, etc.

Cadea Vilas: ‘Cadea Vilas’ foi o nome seleccionado pola rapazada de 6º de Primaria do Colexio Vilas Alborada (Santiago de Compostela) para o programa de radio realizado no curso 2014/2015, que incorpora un faladoiro con mulleres maiores de San Pedro, para o que se contou coa colaboración da asociación veciñal A Xuntanza. O espazo radiofónico complétase cunha enquisa de rúa sobre a integración e o coidado do barrio, un radioteatro a favor da paz e unha cuña contra o machismo.

JuveRadio: Baixo o título ‘JuveRadio’, o programa final creado no curso 2014/2015 pola rapazada de  5º de Primaria do Colexio Juventud (Santiago de Compostela) contou cunha reportaxe contra a escravitude infantil, aproveitando os actos do Día Internacional que conmemoraron distintos centros educativos, e mais unha entrevista ao activista guineano Braima Sambu.

A voz do Quinto: ‘A voz do Quinto’, en referencia ao antigo nome do IES Torrente Ballester (Pontevedra), foi o título que o alumnado do pioneiro obradoiro de prensa escolleu para o seu xornal no curso 2014/2015. A publicación recolle artigos sobre xénero, paz, medio ambiente, desenvolvemento ou comercio xusto e consumo responsable, para o que se cubriron actividades celebradas no centro e na cidade, tamén en colaboración con colectivos locais como Amarante.

Escolas sen Racismo 2013/2014

Fraguando a diversidade 2: O obradoiro de televisión desenvolveuse ao longo do curso 2013/2014 no IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), onde o alumnado saíu á rúa para facer unha enquisa sobre os países do Sur ou reportaxear a incorporación de mocidade xitana ao mercado laboral. Alén diso, visibilizou actividades do instituto e do barrio, como o mercadiño solidario, a lectura de poemas en distintos idiomas, o encontro de mediación ou a convivencia co autismo. ‘Fraguando a diversidade 2’ é o título do programa resultante.

Anexo nas ondas: Alumnado de 4º de Primaria do CEIP Anexo A Lomba (Vilagarcía de Arousa) protagonizou o obradoiro de radio do curso 2013/2014 e o programa final, denominado ‘Anexo nas ondas’. Alén dunha entrevista sobre o autismo cunha representante da asociación BATA, o espazo radiofónico incorporou cuñas promocionais dos dereitos da infancia e o radioteatro ‘O lobo calumniado’, que conta a historia de Carapuchiña desde o punto de vista do animal, para combater estereotipos e prexuízos.

Ponte Sampaio coa Terra: Atendendo á contorna do CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra), a temática central do espazo resultante do obradoiro radiofónico desenvolvido no curso 2013/2014 entroncaba co Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio número 7: garantir a sostibilidade do medio ambiente. As e os estudantes saíron coas gravadoras á rúa para preguntar sobre o coidado da natureza, mantiveron un faladoiro con maiores da zona e entrevistaron a un voluntario de Amarante Setem arredor do comercio xusto. O programa ‘Ponte Sampaio coa Terra’ presentouse no centro coincidindo co Día Internacional da Nai Terra e incluíuse na programación na Xornada Multimedia Ponte… nas ondas!

Escolas sen Racismo 2012/2013

Torrente de valores: ‘Torrente de valores’ é o programa final do obradoiro de televisión impartido no curso 2012/2013 no IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra). O audiovisual dá voz a alumnado con discapacidade e a estudantes xitanas, amais de incluír unha enquisa sobre migracións, unha reportaxe sobre o comercio xusto e un vídeo final sobre o proxecto Escolas sen Racismo.

O desafío do milenio: O obradoiro de radio desenvolveuse durante o curso 2012/2013 no CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) e no CEIP Barouta (Ames), onde se traballou por grupos para elaborar un programa radiofónico conxunto denominado ‘O desafío do milenio’ sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Breves dramatizacións teatrais sobre casos reais, entrevistas, enquisas, cancións ou poemas foron algunhas das modalidades escollidas para abordar cada un dos ODM. Representantes da Coordinadora Galega de ONGD, de Unicef e de Adega cítanse entre as convidadas a intervir.

Escolas sen Racismo 2011/2012

Fraguando a diversidade: O programa final do obradoiro de televisión implementado no IES Antonio Fraguas  (Santiago de Compostela) durante o curso 2011/2012 foi ‘Fraguando a diversidade’, unha peza sobre a non discriminación. As reportaxes están protagonizadas por persoas con discapacidade, comunidade xitana, activistas LGTB, familias migrantes e diversas veciñas e veciños do barrio das Fontiñas.

O faladoiro do Ferreiro: ‘O faladoiro do Ferreiro’ foi o espazo radiofónico xurdido do obradoiro realizado no CEIP López Ferreiro no curso 2011/2012. Unha entrevista ao director do centro e directivo do Seminario Galego de Educación para a Paz, Lois Trigo, unha enquisa na rúa sobre os Dereitos da Infancia e unha tertulia multicultural con estudantes de distintas nacionalidades enfíábanse a través da presentación de varias compañeiras.

    • Ámbito territorial: Galicia
    • Data: Dende 2011
    • Outras ligazóns:

Youtube: http://bit.ly/2gGeLbN
Ivoox: http://bit.ly/2gIUMa4
Isuu: http://bit.ly/2gGhDp9

    • Parcerías: No sentido de contrapartes, como poden ser as radios, ou os coles
    • Principal Financiador: Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
    • Socios: Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
    • Web do proxecto: https://www.agareso.org/esr