Falamos sobre a situación da muller en Honduras con Érika García e Diana Guillén, dúas mulleres
cunha longa traxectoria de militancia feminista. Integradas dentro do Centro de Dereitos de
Mulleres (CDM), unha das máis importantes organizacións feministas do país, Érika García traballa
con mulleres universitarias desenvolvendo acción artísticas e performances, mentres que Diana
Guillén ofrece formación en materia de dereitos sindicais e laborais ás obreiras das maquilas.

O voluntariado de Agareso aproveitou que a pasada primavera visitaron Galicia para facer esta entrevista, dentro do proxecto Referentes, e así colaborar na visibilización do activismo feminista en Honduras, onde centos de feminicidios quedan impunes cada ano.