"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas Lorena Seijo
Lorena Seijo

Lorena Seijo

Xornalista especializada en dereitos humanos e cooperación, Lorena Seijo é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) e especialista en Información Internacional e Países do Sur pola Universidade Complutense de Madrid (2002). Conta con dez anos de experiencia como xornalista de prensa, principalmente en Guatemala, onde residiu 7 anos. Foi tamén asesora das campañas de sensibilización de Unicef-Guatemala durante dous anos, nos que ademais deseñou e desenvolvou materiais de divulgación. No 2010 foi corresponsal do diario Público en Galicia. Ademáis, é voluntaria da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios.

As novas tecnoloxías poden ser unha das ferramentas máis importantes para promover a inclusión social dos colectivos en risco de exclusión, sempre que no seu deseño se teña en conta que non todos tempos a mesma capacidade de xestión e emprego destas novas formas de comunicación. En definitiva, que as novas tecnoloxías teñen que fomentar a accesibilidade e non restrinxila.

Carmen e Delicia son o fiel reflexo da efectiva cooperación norte sur. Carmen Parrado, misioneira e cirurxiá española, chegou a Perú nos 80 buscando axudar. Delicia Coroado, fundadora xunto a Carmen da Escola Campesiña de Educación e Saúde, foi a pinza perfecta para poder levar á práctica esta intención de axudar. Ambas levan 18 anos traballando por e para os campesiños da fronteira norte de Perú.

A comunicación é un dereito humano fundamental. Non só por si mesma, senón como ferramenta para facer posible que se cumpran outros dereitos. Por tanto a comunicación para o desenvolvemento debe ser un dos alicerces fundamentais da cooperación.

A educación é o piar fundamental do desenvolvemento, pero non en todos os contextos é útil o mesmo tipo de formación. Cando os recursos económicos escasean e os nenos e nenas deixan a escola para axudar aos seus pais no seu traballo, hai que pensar en equilibrar a teoría e a práctica. Pensar en que tipo de educación contribuiría a mellorar as súas condicións de vida. Este é o obxectivo dos proxectos educativos da Asociación Chira e Educación sen Fronteiras.

A definición básica de hemofilia é “enfermidade conxénita hereditaria que consiste na dificultade de coagulación do sangue, polo que as hemorraxias, incluso as moi pequenas, poden ser mortais. Está causada por un xene recesivo que se atopa no cromosoma X. Para deter a hemorraxia é necesario realizar transfusións ou inxectar plasma que conteña o factor de coagulación 8. Se se dan en articulacións e músculos provocan dor e discapacidade grave, en órganos principais, como o cerebro, poden causar a morte".

Cando cae a noite nos outeiros de Lima, a capital de Perú, empezan a verse pequenas luces, ocultas entre a néboa e o po que levanta a area negra, sempre presente na cidade. Neses outeiros, aos que a maioría dos limeños prefiren non se achegar e nos que están obrigados a sobrevivir centos de peruanos que emigraron da serra á cidade en busca dun futuro mellor, traballa José Ignacio Mantecón, o pai Chiqui, xunto co resto de integrantes da compañía de Xesús.

¿Como dar voz aos colectivos e persoas que non a teñen? Non é unha pregunta con resposta fácil. O que parece claro é que tanto medios comunicación como organizacións non gobernamentais teñen que facer un esforzo para procurar estratexias que saquen á luz as opinións, os sentimentos e as reivindicacións dos seus beneficiarios.

Eranga Samarakoon de Bio Foods está moi contenta de vir a España a ser a voz dos centos de familias de Sri Lanka que se dedican a cultivar té ou jengibre para a súa exportación. Nun correcto inglés explica en que medida cambia a vida das comunidades rurais ao poder acceder cos seus produtos ao mercado internacional.

Coñecer os rostros e as voces que están detrás de cada paquete de café ou de cada bolsa de té que compramos nas tendas de comercio xusto é imprescindible para poder entender que un consumo responsable e con regras xustas si pode cambiar a vida da xente nos países en vías de desenvolvemento.

Das sete especies de tartaruga mariña que existen no mundo, cinco desovan nas praias de Guatemala. Todas están en perigo de extinción por falta de protección e polo consumo desmedido do home.

Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31