"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas Natalia Puga
Natalia Puga

Natalia Puga

Nada en Pontevedra en 1982, é licenciada en Xornalismo poa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidad Pontifiicia de Salamanca (UPC) e posúe formación superior en Deseño Gráfico e Publicidade e Relacións Públicas. Os inicios da súa carreira profesional estiveron enfocados á prensa escrita como redactora dos xornais galegos Faro de Vigo e Diario de Pontevedra e na axencia de noticias Europa Press, pero tamén ten experiencia no campo da comunicación corporativa como asesora dunha empresa do sector da construcción. Na actualidade é colaboradora da delegación de Galicia de elmundo.es e comezou a enfocar a súa carreira profesional e inquedanzas formativas cara o campo do terceiro sector. Dende 2009 é vicepreisdenta da ONGD AGARESO e dende 2010 coordinadora de Proxectos da entidade.

Agareso Radio repasa a historia e os obxectivos do Día Mundial da Liberdade de Prfensa e debate con xornalistas en activo o estado actual da profesión e dos medios de comunicación.

Download Embed Insertar este video en tu web


Martes, 31 Xaneiro 2012 11:39

Cando a sanidade se convirte nun luxo

O documental Non che doe? (Non che doe?) recolle o traballo dunha brigada sanitaria de Solidariedade Galega. O audiovisual foi realizado pola ONGD  AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e está contado en primeira persoa. Profesionais da menciña e enfermaría de Galicia desprázanse cada ano a lugares como Nicaragua, para dedicar tres semanas das súas vacacións a prestar atención sanitaria a persoas sen recursos. 


Venres, 27 Xaneiro 2012 00:07

Roupa para Europa por 0,36 euros a hora

A investigación 'A moda española en Tánxer: traballo e superviviencia das obreiras da confección' denuncia as "condicións de vida e traballo precarias que sofren as traballadoras en talleres téxtiles de Tánxer que son provedores de grandes marcas internacionais".

Domingo, 09 Outubro 2011 16:26

15 de outubro– Unidos por un cambio global

O 15 de outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Dende América a Asia, dende África a Europa, a xente estase a erguer para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia.

O perfil maioritario das persoas consideradas 'sen teito' estaba ata o de agora conformado por homes de entre 45-50 anos, con problemas de drogadicción, alcoholismo ou paro, que ademais estaba só, e con falta de redes de apoio familiar e social. En 2010, uníronse novos colectivos a este grupo de persoas en risco de exclusión social: cada vez hai máis mulleres, mozos, persoas maiores e migrantes.

Mércores, 27 Xullo 2011 16:43

Os nenos sen fogar, ese drama do século XXI

Durante o 2010, aumentou o número de nenos, nenas e adolescentes que estiveron en acollemento, 227 menores, e o número de acollementos, 83 novos acollementos e 159 familias que acolleron menores en Galicia.

En máis de 60 cidades do Estado, cidadáns de distintos sectores sociais saíron con forza e determinación baixo o lema de ‘Democracia real ¡XA! Non somos mercancía en mans de políticos e banqueiros’. Tras esta mobilización social histórica, grupos de cidadáns decidiron seguir pola vía da protesta e hai convocadas concentracións e acampañadas por toda a xeografía española.

A Plataforma cidadá ‘Democracia Real XA’ convoca a todos os cidadáns a saír á rúa o día 15 de Maio, ás 18 horas en varias decenas de cidades españolas, baixo a lema “Democracia Real XA. Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros”. Animan a toda a poboación a que se una de forma pacífica e sen símbolos políticos excluíntes para facer que se escoite unha soa voz.

Os animais son os mellores amigos do home e, especialmente, as mascotas. Para recoñecerlles este gran labor, desde hai uns meses, contan no concello pontevedrés de Meis cunha ambulancia para mascotas. Trátase da vella ambulancia de Protección Civil, que cumpriu os seus anos de vida útil e foi adaptada para que pase a beneficiar aos animais.

Son conscientes de que unha soa persoa non logra cambiar o mundo, pero afánanse por mellorar todas aquelas vidas que están ao seu alcance. Un bo día sentiron a necesidade de devolver aos demais parte da súa sorte e felicidade e decidiron dar as grazas facendo chegar aos máis desfavorecidos a súa axuda da mellor maneira que saben: voando.

Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31