A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) inaugurou o I Foro Galego de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. Dende as políticas ás persoas, que reúne en Santiago de Compostela a representantes de máis de vinte ONG, administración, empresas e sindicatos de Galicia para analizar durante dúas xornadas a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triplo punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
A Xunta destinará 6 millóns de euros a un proxecto con dous obxectivos: que empresas galegas incorporen nos seus cadros de persoal a persoas con discapacidade e a firma de contratos de colaboración con 12 entidades galegas que xa veñen traballando a prol da súa inserción social e laboral.
Dende o 21 de febreiro, no vestíbulo do Pazo de Cultura, a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), integrada por entidades sociais de toda a comarca, en colaboración co Concello de Narón, presentarán esta exposición formada por fotografías e textos de 29 fotógrafos e fotógrafas profesionais e afeccionados.
No actual contexto de aumento da exclusión social e a pobreza infantil, o III Intercambio Profesional de Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos (FEPA) celebrado en Santiago de Compostela organizados por Igaxes3 quixo “reflexionar sobre as novas necesidades educativas dos menores tutelados e ex tutelados de cara á súa autonomía plena e á súa inclusión real na sociedade”. Unha das participantes na actividade foi Elisa Fernández, educadora nun piso mentor da Coruña e firme defensora deste recurso como paso previo á vida adulta independente que aparte a estes mozos da exclusión á que os condenou a sociedade.
A Rede Social Galicia Sur celebrou a manifestación máis concorrida das realizadas ata o de agora en Vigo para reivindicar a apertura dun albergue público na cidade.
Persoas en risco de exclusión social encontran na provincia de Pontevedra un oco no mercado laboral nun convenio entre administracións para limpar os montes de Cotorredondo (Marín e Vilaboa) e Aloia (Tui), así como na Fraga de Catasós (Lalín) e nas inmediacións do río Tea (Ponteareas).

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics