O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto para denunciar as desigualdades no actual sistema de intercambio internacional e reivindicar a contribución ao desenvolvemento dos pobos desta fórmula alternativa. Agareso Radio visita as dúas tendas especializadas da cidade de Pontevedra para dar a coñecer as propostas de Amarante Setem e Solidariedade Internacional.
As organizacións Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional de Galicia, Labañou Solidaria e a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, xunto con Fiare Banca Ética e os produtores locais Millo e Landras, a Horta do Sacho, Val de Barcia e a Cooperativa Raíña Lupa estarán presentes durante o sábado 12 de maio, desde as 11:00 ata as 20:00 horas, na Praza de Pontevedra, para celebrar o Día Internacional do comercio xusto.
Co lema “Café con Leite Amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto” a Asociación AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego organizan a Semana Galega de Comercio Xusto cunha serie de actividades en Santiago, Pontevedra e Ribadeo para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos como Verdegaia ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela.
Os días 18 e 21 de abril, e o 19 e 20 de abril AMARANTE SETEM estarán nas estacións de Adif de Santiago de Compostela e de Pontevedra, respectivamente, con stands de Comercio Xusto, no cal os usuarios poderán coñecer de cerca en qué consiste esta alternativa comercial que ten por finalidade lograr un mundo máis xusto así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.
O movemento aspira a que as vendas sexan constantes ao longo do ano e con lixeiros repuntes por Nadal
A actividade terá lugar este martes 14 de xuño ás 20.00 horas no local social de Amarante Setem en Pontevedra e versará sobre a ‘’Cooperativa Kinal Antzetik: o seu traballo sobre a simboloxía maia na canle do Comercio Xusto e as súas repercusións sociais.
A Cova da Terra presentará o vídeo conmemorativo dos 15 anos de traballo da asociación o martes 3 de maio, ás 19:30 horas, no seu local (rúa Nóreas, nº12 baixo) de Lugo.
Coñecer os rostros e as voces que están detrás de cada paquete de café ou de cada bolsa de té que compramos nas tendas de comercio xusto é imprescindible para poder entender que un consumo responsable e con regras xustas si pode cambiar a vida da xente nos países en vías de desenvolvemento.
As compras de Nadal poden adquirir outro valor se optas polo Comercio Xusto. Como cada ano, dende Solidariedade Internacional de Galicia propón distintas opcións que che permitirán participar da loita pola equidade e a xustiza social cun xesto tan sinxelo e común por estas datas como é comprar.
A organización galega inaugura un novo local nesta cidade o vindeiro 30 de outubro cunha degustación de produtos e cun mercadillo de troco entre outras iniciativas. Nas instalacións centralizarán a distribuidora de comercio xusto, unha sala de exposicións e un centro de recursos e actividades.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics