"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas Amosando elementos por tag Somalia

Miles de persoas víronse afectadas polas intensas chuvias en Somalia, Kenya e Etiopía, informou a axencia da ONU responsable dos refuxiados, a ACNUR.

Publicado Mundo

Os equipos de MSF en Somalia enfróntanse a un reto engadido á xa complicada situación médica e humanitaria da poboación. O sarampelo agrava o estado de miles de nenos desnutridos, e afecta a mozos e adultos por falta de inmunización. O bloqueo das partes en conflito obstaculiza a posta en marcha de campañas masivas de vacinación.

Publicado Mundo

Asmara chegou a campo de desprazados internos de New Shabelle tres días antes desta entrevista. O traxecto levoulle 10 días e 10 noites, dende a súa casa no sur de Somalia ata Bosasso, na rexión setentrional de Puntalandia. Compartimos a súa testemuña a través de Save the Children.

Publicado Entrevistas
Máis de 118.000 somalís refuxiáronse en Etiopía, a metade deles nos últimos meses, fuxindo da fame causado por unha seca que devastou colleitas e gañado nun país lastrado por 20 anos de conflito bélico.
Publicado Reportaxes

A Organización Mundial da Saúde (OMS) confirmou un brote de cólera en Somalia, co maior número de casos en Mogadishu, como consecuencia da falta de auga potable e a desnutrición.

Publicado Mundo

A tertulia, participada polos internos/as da cárcere de A Lama (Pontevedra), ofrece diversas reflexións sobre a situación que padecen milleiros de seres humans no corno de África. Este espazo de radio pertence ao programa integral de Comunicación para o Desenvolvemento que, dende o ano 2008, realizase no interior do centro penitenciario.

  Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Unhas 200 familias están a ser trasladadas diariamente ao campo de Ifo 3, cuxas instalacións aínda carecen dos servizos mínimos, mentres o campo de Ifo 2, que ten o equipamento necesario, permanece pechado.

Publicado Mundo

A situación a día de hoxe tanto en Somalia como en todo o denominado Corno de África é extremadamente grave, con unha das peores secas dos últimos 60 anos e cun aumento desproporcionado no prezo dos alimentos que non fixo máis que agravar aínda máis as cousas. O conflito armado que desde fai 20 anos arrasa aos somalíes e a falta de acceso por parte da poboación aos servizos de salud e á axuda alimentaria terminaron por provocar novas ondas de refuxiados e de desprazados internos e unha das maiores crises nutricionales que se recordan na zona.

Publicado Mundo

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31