"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas Amosando elementos por tag Sahara

Despois do enorme éxito da gala solidaria do pasado 22 de abril en Madrid, unha delegación de Pallasos en Rebeldía, encabezada por Iván Prado, viaxou aos campamentos de refuxiados saharauís para actuar dentro da programación do FISAHARA 2012.

Alí onde non nace a auga e as flores só aparecen nos libros, hai quen se esforza por cultivar cultura. E nese afán son as mulleres de mediana idade as que levan a voz cantante, non só porque foron elas as que levantaron boa parte das bibliotecas que poboan cada un dos campamentos, senón porque son tamén as que acoden, de forma maioritaria, a mergullarse nas páxinas destas salas que de mañá se ceden ás escolas e, polas tardes, permanecen abertas ao público.


Publicado Reportaxes

Os países da Unión de Nacións Sudamericanas (UNASUR) destacan que os altos prezos dos medicamentos dificultan a loita contra a epidemia de VIH-SIDA na rexión.

Publicado Mundo

O grupo de SensiCom (Sensibilización-Comunicación) de Enxeñería sen Fronteiras proxecta en Santiago de Compostela vídeos, curtas, documentais e filmes relacionados con Nicaragua, Honduras, Sáhara ou tecnoloxías apropiadas.

Venres, 05 Setembro 2008 19:33

AGARESO no Sáhara


Proxecto
Agareso no Sáhara
Localización Sáhara
Data Setembro 2008
Equipo Lara Varela, Natalia Puga, Pelu Vidal y Suso Lago, bajo la coordinacion de Laura López
Blog http://agaresosahara.blogspot.com
Publicado Proxectos
Martes, 16 Setembro 2008 20:44

Cando Galicia toca o corazón do Sáhara

Alguén describiu os ceos do deserto sahariano coa cor intenso do azafrán. A miles de quilómetros de distancia, baixo unha cúpula non tan despampanante, hai quen mantén a mirada fixa nese enderezo, en dirección sur. Máis alá de consideracións políticas trátase de solidariedade ao espido, dunha curiosidade transformada en cariño, do chouto do pensamento ao feito. E ese camiño imaxinario trazado entre África e Europa faise real para os centos de nenos saharauís que, cada verán, deixan atrás ás súas familias e amigos, recluídos nun dos lugares máis inhóspitos do globo, para aterrar noutras casas, con outras familias. Estas, coas mans cheas.

Publicado Reportaxes
Domingo, 21 Novembro 2010 22:23

EN OTRA ONDA - De A Lama o Sáhara

Nova cita coa habitual tertulia protagonizada polos internos/as do centro penitenciario de A Lama. Espacio producido nos propios estudio de A Radio (emisora do centro) no que se abordan cuestions da vida cotía´e a actuación de marrocos no campamentos de refuxiados Sarahauis no Aaiun. José, Manuel, Mariana e Miguel ofrecen a sua visión nos micrófonos de Agareso Radio.

Publicado AG Radio
Domingo, 14 Novembro 2010 20:52

O Sahara berra e o mundo mira cara outro lado

Arredor dun milleiro de personas manifestáronse en Galicia o pasado martes día 9 de novembro contra o salvaxe ataque sofrido, a xornada anterior, polos refuxiados Saharauis en Marrocos e perpetrado polo exército, policía e outras forzas de seguridade como helicópteros, que non dubidaron en “ametraiar, bombardear, gasear e disparar sobre a poboación civil” desprazada dende a colonización marroquina nos anos 70.

Publicado Mónica Gonzalez

Natalia Puga/Lara Varela. Bendir Hadya é un soldado na reserva. Loitou co Frente Polisario desde o ano 1978 e, desde o alto ao fogo, traballa coma tradutor-guía para o Goberno saharaui á espera de retomar as armas como único camiño para recuperar o seu territorio. Co muro construído polos marroquíes como telón de fondo, contextualiza o conflito saharaui na fronteira entre ambos territorios.

Publicado Entrevistas
Martes, 09 Novembro 2010 09:31

Conflito no Sáhara

A Asociación de Familiares de Presos e Desaparecidos Saharauis (AFAPREDESA) fai un relato en primeira persoa da situación que se está a vivir nos últimos días nos campamentos de refuxiados saharauis no deserto de Arxelia e no Sáhara Occidental ocupado por Marrocos. AGARESO recólleo íntegramente.

Publicado Mundo
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31