Cando xa rematou a primeira parte do Festiclown Palestina, a organización do Festival valóraa como un “éxito absoluto” xa que se cumpriu o primeiro obxectivo, encher de sorrisos os rostros de todos os nenos e nenas palestinos. 15.000 persoas nas galas, 100 actuacións, accións contra o muro, miles de milleiros de sorrisos...
Achegamos a última crónica de Iván Prado desde Palestina, onde se atopa ultimando o I Festival Internacional de Clown de Palestina. Estase celebrando dende o 2 de setembro e continuará ata o día 15.
Achegamos a última crónica de Iván Prado desde Palestina, onde se atopa ultimando o I Festival Internacional de Clown de Palestina. Celebrarase do 2 ao 15 de setembro.
Achegamos as dúas últimas crónicas de Iván Prado desde Palestina, onde se atopa ultimando o I Festival Internacional de Clown de Palestina. Celebrarase do 2 ao 15 de setembro.
Hai noites nas que Palestina soa coma unha canción dos antigos bardos, profunda e ensoñadora, afastada e emocionante, e outras noites nas que parece que o corazón che vai explotar de paixón escoitando os seus tambores e darbukas atrapando no tempo terra e oliveiras, costa e horizonte.
As e os actores e actrices, compañías, grupos e persoas vencelladas loitan a diario para que o teatro poida seguir existindo. No día mundial do teatro, Culturactiva e o Festiclown queren chamar a atención sobre as dificultades que esta manifestación cultural atopa para chegar ao seu destinatario, o público.
O salón de actos do Concello de Cee (A Coruña) será o escenario dunha gala cómica solidaria en apoio ao Festiclown Palestina. Preto de oito propostas artísticas darán forma a este espectáculo solidario co festival que Pallasos en Rebeldía prevé realizar entre este ano e o que vén nos territorios palestinos ocupados.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics