Asmara chegou a campo de desprazados internos de New Shabelle tres días antes desta entrevista. O traxecto levoulle 10 días e 10 noites, dende a súa casa no sur de Somalia ata Bosasso, na rexión setentrional de Puntalandia. Compartimos a súa testemuña a través de Save the Children.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) confirmou un brote de cólera en Somalia, co maior número de casos en Mogadishu, como consecuencia da falta de auga potable e a desnutrición.
Máis de 10 millóns de persoas do Corno de África sofren unha das crises humanitarias máis graves das últimas décadas. E por iso que distintas ONGD que traballan na zona dende hai anos, habilitaron números de contas de emerxencia para recadar fondos.
Unhas 200 familias están a ser trasladadas diariamente ao campo de Ifo 3, cuxas instalacións aínda carecen dos servizos mínimos, mentres o campo de Ifo 2, que ten o equipamento necesario, permanece pechado.
O Corno de África sofre unha das perores crises humanitarias das últimas décadas. Máis de 10 millóns de persoas sofren fame crónica.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics