"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas Amosando elementos por tag Cabo Verde

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cumpre quince anos e por este motivo está a preaparar un documental sobre os seus proxectos, tanto de ámbito nacional como internacional, varios deles executados en Cabo Verde. O documental está sendo elaborado coa colaboración de AGARESO, tras unha recente visita á illa.


Publicado Reportaxes

Un equipo de reporteiros da organización atópase esta semana en Cabo Verde para recoller o material audiovisual que centrará o próximo documental sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A redactora Mónica González e o cámara Xacobe González están a realizar numerosas entrevistas e filmacións sobre os proxectos apoiados no arquipélago, onde se concentrou boa parte do traballo dos últimos anos.

Publicado Proxectos
Domingo, 05 Decembro 2010 19:55

Cabo Verde: Illas de Cooperación


Proxecto
Cabo Verde: Illas de Cooperación
Localización Cabo Verde
Data Decembro 2010
Equipo Ana Ramos, Xan Xiadas
Blog http://agaresoencaboverde.blogspot.com/
Publicado Proxectos
Luns, 28 Marzo 2011 08:16

As mulleres alimentan o mundo

Entrevista realizada nos estudios centrais de Agareso Radio ás protagonistas da iniciativa "As mulleres alimentan o mundo". A visibilización radiofónica dunha experiencia internacional na que se outorga á muller o protagonismo que merece.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Eranga Samarakoon de Bio Foods está moi contenta de vir a España a ser a voz dos centos de familias de Sri Lanka que se dedican a cultivar té ou jengibre para a súa exportación. Nun correcto inglés explica en que medida cambia a vida das comunidades rurais ao poder acceder cos seus produtos ao mercado internacional.

Publicado Entrevistas

Coñecer os rostros e as voces que están detrás de cada paquete de café ou de cada bolsa de té que compramos nas tendas de comercio xusto é imprescindible para poder entender que un consumo responsable e con regras xustas si pode cambiar a vida da xente nos países en vías de desenvolvemento.

Publicado Entrevistas

Esta cooperación enmárcase no Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, que inclúe Cabo Verde como país prioritario para a cooperación. Dúas representantes do Goberno caboverdiano reuníronse hoxe co conselleiro de Presidencia para definir as bases dun acordo marco nesta liña.

As obras avanzan segundo o previsto e compleméntanse cunha campaña de sensibilización para que as familias adopten novos hábitos de hixiene. O proxecto pretende reducir a incidencia de doenzas coma as diarreicas, que causan gran mortalidade infantil, e a propagación da malaria ou o dengue

Publicado Mundo

Dous empregados do Concello de Ourense pasarán un mes colaborando coa Câmara Municipal de São Filipe, en Cabo Verde, a través da iniciativa ‘Vacacións con Traballo’ que promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que a Cidade das Burgas forma parte. Este programa de voluntariado en países do Sur dálle ao persoal das administracións socias a posibilidade de compartir os seus coñecementos teóricos e prácticos coas entidades de acollida, contribuíndo a fortalecer as capacidades locais en zonas desfavorecidas.


 

Gonzalo Alonso, interventor do Concello de Ourense, e Cristina Moreiras, técnica do departamento de Medio Ambiente, viaxan o vindeiro domingo 17 de outubro ao arquipélago africano. En São Filipe botarán unha man coas tarefas administrativas da Câmara. Alonso traballará co secretario municipal na Área de Finanzas, mentres que Moreiras integrarase no Servizo de Máquinas e Saneamento. Ambos os dous agardan achegar a súa experiencia na xestión diaria a un novo contexto, á vez que aprender dos métodos de traballo dun país diferente e enchouparse tamén da súa cultura. Non é o seu primeiro contacto coa cooperación ao desenvolvemento, xa que Gonzalo Alonso forma parte da rede de Municipalistas pola Solidariedade e o Fortalecemento Institucional (Musol), mentres que Cristina Moreiras ten cooperado cunha ONG no Perú.Va

O Fondo Galego de Cooperación leva máis dunha década colaborando coa Associação Nacional de Municípios Cabo-Verdianos. Con esta entidade executáronse preto de 40 proxectos que van dende o abastecemento de auga ata a construción de colexios. Achegarse de primeira man aos parceiros e aos proxectos de cooperación internacional apoiados pola asociación de Concellos e Deputacións é unha das finalidades do programa ‘Vacacións con Traballo’. Garántese así a visibilidade das iniciativas financiadas dende as administracións locais e provinciais de Galicia e contribúese a acadar unha meirande implicación dos organismos públicos.

Canda os dous ourensáns, outros tres membros do funcionariado local galego participan nesta quinta convocatoria de ‘Vacacións con Traballo’. A psicóloga do CIM de Nigrán, Carolina Iglesias, acaba de chegar da súa estadía no Perú. En novembro marchará para Nicaragua Brais García, técnico da Deputación de Lugo, e Patricia Varela, arquitecta do Concello de Verín, viaxará a Cuba. Todos eles irán relatando as súas vivencias nun blog que estará dispoñible a través do web http://www.fondogalego.org/. Ademais, as cinco experiencias recolleranse logo nunha publicación. Á volta, as voluntarias e voluntarios tamén impartirán charlas para dar a coñecer as desigualdades que se producen no Sur e a utilidade da cooperación para superalas.

Publicado Galicia

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31