Dende este venres, 18 de novembro, e ata o vindeiro 7 de xaneiro, o Pazo Torrado de Cambados (Pontevedra) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", elaborada por AGARESO e Amigos da Terra. Proxectarase ademais o documental resultante da experiencia, premiado recentemente pola Fundación Biodiversidad.
Dende este 1 de setembro ata o vindeiro 30 deste mesmo mes, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) de Oleiros (A Coruña) acolle a exposición "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible", organizada por Amigos da Terra e AGARESO.
Coalición Clima, da que forma parte activa Amigos de la Tierra, formula a necesidade de lograr compromisos serios de redución de emisións de CO2 para evitar o colapso do sector turístico español.
O día 13 de agosto de 2011 é o aniversario do falecemento de Julio Martínez da Silva e de Rodrigo Amo González, brigadistas dos servizos de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia que perderon a súa vida cando traballaban na extinción dun incendio forestal en Fornelos de Montes (Pontevedra).
O presidente de AGARESO, Juan de Sola; a delegada en Madrid, Rocío Cadahia; o fotoxornalista Antonio Grunfeld; e dous representantes de Amigos de la Tierra Madrid recolleron este xoves 2 de xuño da man da ministra de Medio Ambiente, Rosa Aguilar, o premio concecido ás dúas entidades sociais pola Fundación Biodiversidad.
O acto desenvolverase este martes, 31 de maio, no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Incluirá a presentación do libro de fotografías e o documental do proxecto 'O Golfo de Fonseca. A loita por un futuro sostible' realizado en colaboración entre Amigos da Terra e AGARESO. Conecta aquí .
Amigos da Terra, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) e Cartolab (Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UDC) colaboran conxuntamente dende o ano 2010, nun proxecto co que pretenden contribuír a diminuír a pobreza e a vulnerabilidade alimentaria das familias da microcunca do río Laure (no sur de Honduras), promovendo para elo, o uso racional dos recursos naturais e sistemas sostibles de produción de alimentos.
Esta fin de semana, celebrarase no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, organizado por Amigos da Terra e AGARESO.
A asociación Mozas e Mozos organiza entre o 1 e o 10 de abril diversas actividades na sala Amalia Domínguez Búa, de Bueu (Pontevedra), en colaboración con outros colectivos do eido da cooperación para o desenvolvemento, a ecoloxía ou a economía social. Ao longo deste período permanecerá exposta no espazo municipal a mostra fotográfica de Amigos da Terra e AGARESO.
Eranga Samarakoon de Bio Foods está moi contenta de vir a España a ser a voz dos centos de familias de Sri Lanka que se dedican a cultivar té ou jengibre para a súa exportación. Nun correcto inglés explica en que medida cambia a vida das comunidades rurais ao poder acceder cos seus produtos ao mercado internacional.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics