A Cova da Terra presentará o vídeo conmemorativo dos 15 anos de traballo da asociación o martes 3 de maio, ás 19:30 horas, no seu local (rúa Nóreas, nº12 baixo) de Lugo.
Eranga Samarakoon de Bio Foods está moi contenta de vir a España a ser a voz dos centos de familias de Sri Lanka que se dedican a cultivar té ou jengibre para a súa exportación. Nun correcto inglés explica en que medida cambia a vida das comunidades rurais ao poder acceder cos seus produtos ao mercado internacional.
Coñecer os rostros e as voces que están detrás de cada paquete de café ou de cada bolsa de té que compramos nas tendas de comercio xusto é imprescindible para poder entender que un consumo responsable e con regras xustas si pode cambiar a vida da xente nos países en vías de desenvolvemento.

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics