Asmara está embarazada de 8 meses e finalmente, como a tantos outros, a seca empurrouno a fuxir da súa casa. Todo o seu gando morreu e tivo que vender a súa casa e a súa terra para viaxar ata aquí, ata o campo de desprazados de Bosasso. Non obstante, o diñeiro só foi suficiente para pagar a súa viaxe e o de 2 dos seus fillos. Tivo que deixar a súa filla alí. Agora está a vivir con outras 2 familias nunha pequena choza construída con caixas de cartóns.
"Chámome Asmara Midi. Cheguei aquí hai tres días, dende o sur. Deixei a miña casa pola seca e tamén tiven que deixar a miña filla e o meu marido porque non tiñamos suficiente diñeiro. Non puiden traerme a todos comigo. Tivemos que vender ata o máis mínimo que posuïamos e só foi suficiente para o meu traxecto e para dous dos meus fillos. Non sei de que están a vivir agora, non podo facer nada por eles. Pero sairán de alí dalgún modo, se Deus quere. Algún día, volverémonos xuntar, pero neste momento apenas loitamos para sobrevivir".
"Estou ao final do meu embarazo e non podo traballar. Dende que estou aquí estame a axudar unha familia, tamén desprazada e que tamén está a pasar fame. O traxecto foi my longo, canso e cheo de problemas. Estivemos en estrada 10 días e 10 noites, sen comida para os meus fillos. Houbo un día en que se estragou o vehículo no que iamos, foi horrible. Tivemos problemas en todas as partes e mesmo nos roubaron as milicias, roubáronnos toda a nosa roupa e as cousas que trouxeramos dende casa. Podes imaxinarte como foi chegar aquí sen nada? Nin sequera tiñamos roupa para quitarnos a que levabamos e toda a que conseguimos nola deu a xente que está aquí, na mesma situación ca nós".
"Antes de vir a vida non era doada. Primeiro morreron os nosos animais. Cando non nos quedaba gando, tiven que vender a horta onde plantaba os alimentos que nos daban de comer e que mantiñan á familia. Cando todo se fora, só quedábanos por vender a nosa casa. Todo vendido para poder chegar ata aquí. E agora xa non me queda forza e pásome o día sentada esperando a que os demais me axuden".
A pesar de todo, a vida no campo de desprazados é mellor que a vida forzada pola seca
"Dende que cheguei aquí estou moito mellor, pero teño as pernas inflamadas e cheas de ampola. O meu irmán tamén está aquí e púidome levar ao hospital onde me deron medicación. Todo o mundo nos axuda e dános algo de comida así que, podo dicir que os últimos 3 días foron moito mellor".
"O prezo dos alimentos aquí é alto pero moito mellor que os que encontraba no sur de Somalia. Na casa o quilo de arroz era de 1 dólar mentres que aquí está á metade".
Gustaríame dicirlle a todo o mundo que este campo está moito mellor que o lugar onde vivía. Estou máis cómoda e a miña mente moito máis descansada a pesar de que, como podes ver, apenas me podo mover e gañar diñeiro para os meus fillos. Hai organizacións que axudan á xente; cando che dan algo, sexa o que sexa, sabes que non vai haber ningún problema, sentes seguridade.
"O próximo mes vou dar a luz. Espero e rezo para que o meu fillo teña unha vida mellor que a vida da que procede. "











