"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas "O de Goiânia foi o maior accidente radioativo nunha área urbana do mundo, penso que lle deberían dar máis visibilidade"
Mércores, 22 Setembro 2010 23:02

"O de Goiânia foi o maior accidente radioativo nunha área urbana do mundo, penso que lle deberían dar máis visibilidade"

Escrito por agareso
Valore este artigo
(1 vote)

O Tribunal de Xustiza de Goiás reuniu, o 17 de agosto do 2010, as vítimas do accidente radioativo co Cesio-137 para axilizar a marcha dos procesos de indemnización.

Odesson Alves FerreiraO día 13 de setembro de 1987, 23 anos atrás, aconteceu un dos maiores accidentes radioativos do mundo, no centro do Brasil, en Goiânia. Un vello aparello de radioterapia con 19 gramos dun elemento altamente radioativo dentro, o Cesio-137, virou nunha 'bomba atómica' por causa da ignorancia dos responsábeis e da falta de educación sobre os riscos da radioatividade en xeral. Até hoxe, a maioría das vítimas deste 'Chernóbill' do Brasil aínda non foi indemnizada nin recoñecida polas autoridades. Este accidente é unha demostración clara da importancia de información e educación do pobo e de todos os funcionarios de hospitais, militares e traballadores da construción civil sobre enerxía nuclear e sobre os grandes riscos da radioatividade.

Márcia Gomes de OliveiraNorbert Suchanek (Rio de Xaneiro) comparten con AGARESO a súa entrevista a Odesson Alves Ferreira, presidente da Associación das Vítimas do Cesio-137 (AVCesio).

Pregunta. Cantas vitimas participaron deste evento?

Resposta. Máis ou menos 400 persoas estiveron presentes no evento. O que buscan é o recoñecemento para que poidan recibir pensións e asistencia médica integral.

P. Cal foi o resultado deste evento? A súa asociación está satisfeita co resultado?

R.- A gran maioría das solicitudes están nas vías administrativas dos gobernos provincial e federal. O Tribunal non podía facer nada. O resultado positivo coa Audiencia é que os cidadáns poderán, a partir de agora, retirar seu proceso da esfera administrativa e pasar para a xudicial e, aí si, o Tribunal de Xustiza na persoa do seu presidente, Dr. Paulo Teles, recomendará axilidade nas análises e encamiñamentos dos xuíces. Consideramos satisfactorio, se temos en conta que nos 23 anos foi a primeira vez que o Xudicial manifestou preocupación cos radioaccidentados.

P. Concretamente, no 1987, cantas persoas foron contaminadas en Goiânia?

R. É moi difícil dicir con exactitude o número de contaminados. A Comisión Nacional de Enerxía Nuclear (CNEN) di que monitorou 12.800 persoas. E que destas, só 6.500 presentaran algún grao de irradiación e só 249 eran merecedoras de atención, non relatando que tipo de coidados elas deberían recibir. No decorrer do tempo, os gobernos provincial e federal concederan beneficios por ganas políticas ou administrativa para 468 persoas. Nós, da AVCésio, e o propio Ministerio Público de Goiás, cremos nun número de non máis de 1.600 persoas que tiveran algún contacto con obxectos ou persoas altamente contaminadas. E, así sendo, esas persoas precisan ser amparadas. Por tanto: considerando 1.600 persoas menos 468, restan 1.132 para seren contempladas. Mais existen cerca de 860 procesos en marchas nas vías xudiciais e administrativas

P. Cales son os efectos para a saúde desta contaminación radioativa? Cales son as dores das vítimas? Cales as doenzas?

R. Non existen doenzas específicas da radiación, ocorre si unha precocidade nos problemas relacionados á saúde, por exemplo: osteoporose, hipertensión, deficiencia visual, esquecemento e serios disturbios psicolóxicos e até mentais. De entre as moitas doenzas que manifestaron están úlceras dixestivas, gastrite, depresión e até algúns tipos de cancro, a pesar de que as autoridades non admiten a causalidade entre estas doenzas e o accidente. Unha cuestión moi importante en relación á pregunta sobre as dores das vítimas: as dores son a incerteza, a falta de credibilidade na ciencia, pois esa non nos dá resposta canto aos varios síntomas e ningún diagnóstico. A falta de confianza no futuro dos nenos, algúns naceron con secuelas e ninguén nos esclarece con clareza, só din non ter relación co material radioativo.

P. Cantas persoas até agora xa morreron por causa deste accidente radioativo?

R. Non podemos precisar cantas mortes por causa do accidente. Podo dicir que 84 persoas afectadas faleceron. Destas, 20 foron vítimas directas, mais as autoridades non admiten como causa o accidente.

P. Cantas vítimas do Cesio-137 o Goberno Brasileiro recoñece até hoxe? E cantas vitimas xa gañaron unha indemnización? Cal é o valor desta indemnización?

R. Indemnización por perdas só dúas vítimas gañaron. Agora, pensións vitalícias son 468 ao valor de R$ 510,00, así distribuídas: 233 reciben R$ 510,00 do Goberno de Goiás e a mesma contía da Unión, totalizar R$ 1.020,00. Outras 16 persoas reciben R$ 822,00 de Goiás e 510.00 da Unión, nun total de R$ 1.332,00. Aqueles que reciben máis foron considerados incapaces para o traballo.

P. Contaminados tamén foron militares por causa do seus traballos no accidente do Cesio-137. Cantos militares foron contaminados por iso e cantos xa gañaron unha indemnización?

R. PMs contaminados é imposíbel dicir, unha vez que eles non foron monitorados pola CNEN na época. 182 militares reciben pensión vitalícia de R$ 510,00, máis por forza política que por recoñecemento.

P. Moitos traballadores da construción civil tamén foron infectados na limpeza das rúas e casas contaminadas . Eles tamén son vítimas do Cesio-137 por causa da falta de información e equipamento adecuado?

R. As demolicións foron realizadas de maneira común, o transporte dos residuos ídem, as rúas varridas normalmente e os veciños continuaron nas residencias, salvo algunhas excepcións, por iso é que máis de 800 persoas están procurando aínda seus dereitos. Algunhas están afiliadas á AVCésio, a pesar de que para nós independetemente da filiación, desde que nos convenza con documentos ou testemuños válidos de que foron afectados no desastre, batallamos por todos na mesma igualdade.

P. Existe tamén a Asociación dos Militares Vitimas do Cesio-137. A súa asociación está loitando xunta con eles?

R. Canto aos militares temos moi boa relación, algúns deles prefiren a AVCésio debido a súa credibilidade perante á opinión pública e medios.

P. Na Suíza aconteceu en agosto un evento mundial sobre os riscos da industria nuclear, coa participación de vítimas desta industria de varios países do mundo (www.nuclear-risks.org)

R. O 25 de agosto do 2010 tiven un encontro coa deputada Ute Koczi, do Partido Verde Alemán, e ela díxome desa reunión na Suíza, "esperamos que teña bos resultados".

P. A súa Asociación foi convidada para este evento, para falar sobre o accidente de Goiânia, un dos maiores accidentes nucleares na historia da humanidade?

R.- Non fomos convidados, entendo como moi difícil para nós estarmos participando deses eventos internacionais, non temos cláusula para gastos. Realmente o desastre de aquí foi o maior accidente radioativo nunha área urbana do mundo, penso que lle deberían dar máis visibilidade.


Márcia Gomes de Oliveira é socióloga e profesora da FAETEC (Fundación de Apoio á Escola Técnica) no Río de Xaneiro. Durante a UNCED (Río 92) organizou o Seminario “Amazônia 500 anos de Resistencia Indíxena e Popular”. Participou do Workshop “Uranium. A Blessing or a Curse”, en outubro do 2008, na Namíbia.

Norbert Suchanek é correspondente e xornalista de Ciencia e Ecoloxía, colaborador e articulista do EcoDebate. Participou do Workshop “Uranium. A Blessing or a Curse”, en outubro do 2008, na Namíbia.

Ambos produciron e realizaron o documental "Uranium Thirst"

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31