A presenza de Eranga Samarakoon en Galicia chega da man de A Cova da Terra, Amigos da Terra, Intermón Oxfam, Panxea e Taller de Solidariedade as cinco ONGD galegas que organizan o encontro “As mulleres alimentan o mundo”, que se celebrá en Lalín os días 25 e 26 de marzo, e ao que acoden mulleres rurais de toda Galicia teñan un protagonismo especial mulleres chegadas de Nicaragua, Sri Lanka ou Guinea Bisau.
Con quen traballa Bio Foods?
Traballamos con pequenos produtores, núcleos familiares que viven do minifundio, e con persoas excluídas. Nós facilitámoslles o acceso aos mercados, sen intermediarios, para que todo o beneficio do seu produto repercuta nas propias familias e na comunidade. Antes estaban sometidos a un sistema practicamente de explotación, agora non. Ademais Bio Food garante uns estándares de calidade e que os produtos fosen cultivados conforme ás normas de produción ecolóxica.
Quen toma a decisión sobre a produción?
As cooperativas de campesiños, nós só ofrecémoslles formación para mellorar a produción, recursos técnicos e asesoría. Ademais por suposto buscamos o mellor prezo para o seu té. Tamén, para evitar dependan dun só produto e para non esgotar a terra promovemos que planten nos seus hortos varios cultivos, ademais do que exportan.
Como cambiou as regras do comercio xusto as súas vidas?
Toda esta nova forma de traballar aumentou a produtividade e mellorou as súas condicións de vida, xa que parte dos beneficios do comercio xusto teñen que investirse por norma en mellorar as condicións educativas ou sanitarias da comunidade. Moitos mozos estudan xa con becas e Bio Food outorga un 5 por cento dos beneficios por norma á comunidade. Todo iso non mellora só a situación das familias produtoras, senón tamén do resto do grupo.
En que proxectos se investiu ese 5 por cento de cada colleita?
Se crearon pequenas bibliotecas, aumentouse o acceso á saúde ou se construíron pozos de auga na comunidade. Se cadra desde aquí parece pouca cosa pero que as mulleres non teñan que desprazarse quilómetros varias veces ao día para poder ter auga, pero é moi importante, porque teñen máis tempo para cubrir as necesidades familiares e porque non se arriscan a ser atacadas polos camiños.











