"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas “As mulleres son fundamentais na produción e no consumo a pesar da súa invisibilización”
Martes, 22 Marzo 2011 11:40

“As mulleres son fundamentais na produción e no consumo a pesar da súa invisibilización”

Escrito por Montse Fernández Geijo
Valore este artigo
(1 vote)
Clara Raposo Clara Raposo Agareso

Sete ONGD galegas, A Cova da Terra, Amigos da Terra, Intermón Oxfam, Panxea e Taller de Solidaridade, coa colaboración de Ayuda en Acción e Solidaridad Internacional participan no proxecto “As mulleres alimentan ao mundo”. Clara Raposo, directora de A Cova da Terra, cabeza visible deste consorcio,coméntanos en detalle os pormenores do proxecto.

Como xurdiu a idea deste proxecto?

Dende a comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD queríamos facer un proxecto en conxunto que tivera un nivel nacional. Os tres eixes do proxecto: comercio xusto-consumo responsable, muller e soberanía alimentaria son temas que nos atraían especialmente ás 7 organizacións que participamos neste proxecto.

Cales son os principais obxectivos que persegue o consorcio?

Este é un proxecto de sensibilización, polo tanto este é o obxectivo xeral do proxecto. Concretamos esta acción sobre as mulleres rurais galegas xa que é un sector ao que non se dirixen maioritariamente as accións formativas das ONGD.

Nembargantes, non se queda aí, xa que temos accións tamén dirixidas ao publico en xeral, sempre coa temática e dende a perspectiva de comercio xusto, xénero e soberanía alimentaria.

De que actividades consta o proxecto “As mulleres alimentan o mundo”?

Este proxecto consta de tres fases: a primeira era unha formación dirixida a grupos de mulleres rurais sobre comercio xusto/consumo responsable, soberanía alimentaria e xénero. A segunda fase é o encontro internacional que celebraremos estes días en Lalín, que constitúe o acto central do proxecto.

E por último, unha acción de rúa que coincidirá coa celebración do Día Internacional do Comercio Xusto o vindeiro 9 de maio. Ese día, sairemos a rúa con materiais de sensibilización para chegar á poboación das 6 grandes cidades galegas.

Como comentas, o Encontro Internacional que terá lugar en Lalín os vindeiros 25 e 26 de marzo constitúe o acto central do proxecto, cal é o principal obxectivo do mesmo?

Este encontro pretende xuntar á poboación galega con produtoras do sur para debater as problemáticas comúns e plantexar posibles alternativas. É un encontro aberto a todo o mundo xa que as problemáticas que ten o mundo rural afectan a todo o mundo e as solución hai que buscalas dende todos os sectores (produtoras, consumidores, etc....)

Que relación se establece no proxecto entre comercio xusto/consumo responsable e xénero?

Hai unha relación directa. As mulleres son axentes fundamentais na produción e no consumo a nivel mundial a pesar da súa invisibilización.O empoderamento da muller a estes dous niveis pode mellorar a situación de toda a poboación sobre todo infancia e os anciáns. Ademais de ser un acto de xustiza social.

Como describirías a situación actual das mulleres produtoras do sur? Teñen puntos en común coas mulleres produtoras do norte?

A situación da muller produtora no sur está ligada a moitos outros factores, como son o acceso á educación, á sanidade, á liberdade sexual, etc. No caso concreto da produción, está moi ligada á propiedade da terra, ao acceso a tecnoloxía, aos recursos (sementes, auga, etc), e tamén á formación para o acceso aos mercados e á comercialización.

Isto mesmo que pasa en calquera país do sur, tamén se pode extrapolar á muller produtora galega, aínda que algúns aspectos anteriormente descritos xa están superados, outros non se puideron acadar pola forte presión das multinacionais agroalimentarias.

Cal é a achega das mulleres do sur ao desenvolvemento rural?

No sur están máis adiantados nas reflexións sobre soberanía alimentaria, a xestión de cooperativas e o traballo asociado. Tamén na loita contra o poder da multinacionais agroalimentarias e a necesidade de crear alternativas de produción, distribución e consumo.

Como ve a situación actual do comercio xusto?, considera que segue sendo unha actividade minoritaria, ou a xente está cada vez máis concienciada da importancia do consumo responsable?

Hai unha maior conciencia da necesidade dun xiro no consumo e na produción. Coa crise internacional a poboación empeza a decatarse dos excesos que están a cometer na nosa sociedade. Na produción cada vez é máis patente a baixada da calidade dos produtos, da explotación que se fai ás persoas e á natureza.

O reto agora consiste en reeducar ás xeracións que naceron e creceron na sociedade da opulencia e o consumismo.

Información adicional

  • Subtítulo:
Montse Fernández Geijo

Montse Fernández Geijo

Nada en Astorga (León) o 25 de febreiro de 1982. Licenciada en Publicidade e RR.PP e en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Experiencia en comunicación: Onda Cero Pontevedra, responsable de comunicación en Amigos da Terra e técnica de comunicación en AGARESO. Responsable da delegación de Pontevedra de AGARESO e miembro do equipo de Formación.

E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31