"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas "Cando un país é pobre, o seu lixo tamén o é"
Sábado, 19 Marzo 2011 00:27

"Cando un país é pobre, o seu lixo tamén o é"

Escrito por agareso
Valore este artigo
(0 votos)
O máximo responsable da asociación intermunicipal do Golfo de Fonseca no Salvador, Ricardo Jiménez. O máximo responsable da asociación intermunicipal do Golfo de Fonseca no Salvador, Ricardo Jiménez. Carlos Puga

O máximo responsable da asociación intermunicipal do Golfo de Fonseca no Salvador, Ricardo Jiménez, recibiu aos reporteiros que integraron a expedición do proxecto AGARESO no Golfo de Fonseca na sede da súa asociación, que aglutina a 13 municipios e que se atopa situada en pleno centro de Conchagua, municipio veciño á Unión.

Eva Alonso/Estrela López, O Salvador.- Ricardo Jiménez lamenta que aínda moitos cidadáns tiren o plástico en calquera sitio. "Cando un país é pobre o seu lixo tamén é pobre", concluíu matizando que aquí, no Salvador, apenas hai refugallos metálicos, electrónicos ou de vídrio. "O que predomina, sobre todas as cousas, é o plástico en todos os seus formatos".

P.- Con Amigos da Terra levan varios anos colaborando en diferentes proxectos encamiñados a preservar o medio ambiente...

R.- Si. En base a iso desenvolvemos proxectos de concienciación sobre o compostage, a separación de refugallos, así como a capacitación en centros escolares para educar aos nenos. O benestar ambiental inflúe tamén no benestar da poboación.

P.- Vostedes están a aprender a reciclar, como iniciaron este proceso?

R.- Nestes momentos levamos a cabo un plan de construción dunha planta piloto de compostaxe coa axuda de Amigos dá Terra, cuxo obxectivo é asumir os refugallos dos municipios de Conchagua, aínda que tamén está pensado para A Unión.

P.- Cal é a participación cidadá neste proceso?

R.- Eles son o primeiro elo desta cadea. Inician a separación en colectores nos seus domicilios, diferenciando lixo orgánico e plástico. A recollida faise en diferentes días xa que non temos capacidade económica para instalar colectores de diferentes cores nas rúas e menos para comprar camións específicos de recollida.

P.- Que significa recoller o lixo por días?

R.- Pois se envían os camións a recoller o lixo orgánico dous días diferentes á semana e outros dous recóllese o PEK. Pero o proceso non queda aquí. Estes colectores recóllense e levan a San Salvador e alí procésanse. Os plásticos envíanse a outros países para a súa reciclaxe mentres que o lixo orgánico enviarase nun futuro a esta planta de compostaxe que está a piques de abrir as súas portas.

P.- E para cando?

R.- Para ahorita mesmo. Dentro dun mes. É un orgullo para nós dicir que se trata da primeira planta destas características no Salvador.

P.- Cando estivemos no pobo dos Jiotes os nenos recollían os plásticos da rúa porque se lles pagaba...

R.- Si, efectivamente. Dáselles un incentivo "ecolóxico" a estas persoas por cada "yumbo" de plásticos. Se lles retribuye para incentivar a recollida e a eliminación destes plásticos das comunidades, pero tampouco queremos que a xente o vexa como unha fonte de ingresos xa que se non se tiraría máis plástico para logo obter máis ingresos.

Información adicional

  • Subtítulo:
agareso

agareso

ONGD Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

Páxina web www.agareso.org E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Engadir comentario


ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Calendario

« Maio 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31