Estamos moi preto do muro... ¿Podería explicarnos que se ve e que queda oculto detrás da barreira de area?
- Vimos o muro, estivemos preto, a 75 metros, 80 máximo, e o que miramos foron aramados que protexen dos animais, das persoas que non saben nada da estratexia militar pero que poden ser vítimas dunha mina por accidente. Pero estes cables non o rodean todo, a pesares de que está todo minado con explosivos antipersoa, anticarro, antitanques... Detrás, hai unha elevación de area e un foxo que os militares poden empregar para desprazarse entre as súas bases protexidos dos disparos. Por detrás, hai un metro de elevación e outro foxo para circular. Ao final de todo están as bases construidas para vixiar a presenza do inimigo, que somos nós. Esta guardia está sempre erguida detrás dun asentamento con material militar, con cañóns, morteiro, misís e tanques. Ao longo de todo o muro hai unha base grande e, a 500 metros, unha pequena. Descoñezo o número total das que existen.
¿Cantos soldados marroquíes vixían o muro?
- Só podo dicir que a cantidade dos marroquíes no muro non é constante. Agora, co alto ao fogo non son tantos coma durante a guerra pero sempre, sempre son moitísimos. Por proporción, un soldado saharaui é igual a once de Marrocos.
¿Cantas minas hai?
- Non o podo dicir pero sei que son de diferentes países: americanas, francesas, españolas…
Os marroquíes levan trinta anos construindo esta barreira e seguen adiante…
- O muro foi construído en distintas etapas e creo que levan seis niveles de protección, e están empezando co sétimo. Tardaron moitos anos porque o Frente Polisiario tentou parar a construcción porque divide un pobo en dous e un país en dous. Ademais é perigoso para os animais. O pobo saharaui é coñecido por depender do gando que ten e co muro poden ser un día vítimas das minas, por iso o Polisario tentaba parar esta vergoña que os marroquíes están a facer.
¿Segue habendo accidentes?
- Si. Non teño un número concreto pero hai moitos. Sentín falar de moitos accidentes con persoas vítimas de minas, animais mortos, nenos mutilados. Cada ano podemos dicir que hai de sete a nove, a pesar de que hai moita vixilancia, podemos dicir que a xente ten bastante información das minas. Pero os accidentes esperan e as minas non perdoan.
¿É posible calcular o número de presos saharauis?
- Penso que durante a liberación destes presos foron soamente 65 saharauis e estou seguro, moi, moi seguro que son moitos. Durante unha historia de guerra que durou moitos anos cunhas tropas que loitan durante día e noite, os perdidos, os presos, os mortos son dos dous lados. Temos consequerido durante toda a historia da guerra máis de 65 presos marroquíes, entón do noso lado temos que reclamar máis porque sabemos que os marroquíes colleron moitos máis. Nós liberamos a todos os presos que tiñamos.
Fala dun conflito longo, pero aínda non rematou. ¿Qué pasará agora?
- O que pasará espera por nós. Eu, individualmente, o que coñezo é que a paz non deu nada, que non pode garantir nada, que os países non ven a imaxe real da causa saharaui ou se a ven, esquéncena e non queren dicir a verdade. Para mín, seguir a guerra é mellor que a paz porque se pode acompañar en paralelo coas negociacións e buscar unha solución pacífica. Estamos sempre nun inferno, nun exilio e os marroquíes aprovéitanse da riqueza do Sáhara. Iso non é xusto.
¿Como viven os saharauis que resisten ao outro lado do muro?
- Viven baixo a represión marroquí e son xente que realmente quiere ser independiente un día pero con la presencia de los marroquíes no pueden decir lo que quieren porque pueden ser presos, detenidos, desaparecidos o víctimas de la tortura. Viven bajo una represión imperdonable y no pueden decir nada.
Se isto segue como ata o de agora, ¿o pobo saharaui podería chegar a desaparecer?
- O pobo saharaui non desaparecerá na vida porque xeración tras xeración os pais deixan a historia aos fillos e estes aos seus e a historia saharaui continuará ata o día da independencia, que chegará rápidamente.
¿Que lembra dos seus días de soldado?
- Los soldados sacrificamos la vida para defender nuestro territorio y nuestro pueblo y estamos preparados para morir un día. Prefiero morir defendiendo a mi madre, mis hermanas, mi tierra, mi riqueza que vivir bajo una represión de Marruecos o de otro país del mundo.
¿Que opina do seu presidente Mohamed Abdelazid?
- O noso presidente é exemplar. Non hai outro igual ao noso. É realmente humano e saharaui e un presidente que loitou antes e durante a presidencia. É un home fiel á causa, un gobernante sen gardacostas porque pode garantir a súa propia protección.
¿Que deixou vostede detrás do muro?
- Meu pai foi inmigrante en Mauritania e eu non nacín no Sáhara, non vivín a historia da colonia española e a guerra ata 1978 e 79. Meu pai foi un beduino, tiña moitos camelos e moita riqueza animal, entón non me faltaría nada. Cando en 1978 entrei no Polisario, a miña familia dixo: “somos saharauis, o noso fillo marchou e temos que ir tamén” e víu conmigo. Agora vivimos como todos os saharauis, dependendo de axudas humanitarias. Os saharauis non terían que vivir como o fan hoxe, nun deserto, dependiendo dun kilo de arroz, un litro de aceite... Temos moitas riquezas e poderiamos vivir como moitos outros pobos, pero a situación é esta.
Podedes consultar o blog realizado polos reporteiros de Agareso no Sáhara na seguinte ligazón:
http://agaresosahara.blogspot.com/2008/09/bendir-prefiero-morir-defendiendo-mi.html











