"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Entrevistas
Entrevistas

Entrevistas (12)

O avogado colombiano Waldir Sinisterra anhela dende Lugo volver á súa rexión natal, o Val do Cauca. Unha provincia cun longo historial de asasinatos, desprazados e falsos positivos. A pesar do cambio de Goberno no país, o letrado non confía nun regreso temperán xa que os Dereitos Humanos seguen sen respectarse.
Cando xa rematou a primeira parte do Festiclown Palestina, a organización do Festival valóraa como un “éxito absoluto” xa que se cumpriu o primeiro obxectivo, encher de sorrisos os rostros de todos os nenos e nenas palestinos. 15.000 persoas nas galas, 100 actuacións, accións contra o muro, miles de milleiros de sorrisos...
Asmara chegou a campo de desprazados internos de New Shabelle tres días antes desta entrevista. O traxecto levoulle 10 días e 10 noites, dende a súa casa no sur de Somalia ata Bosasso, na rexión setentrional de Puntalandia. Compartimos a súa testemuña a través de Save the Children.
Eranga Samarakoon de Bio Foods está moi contenta de vir a España a ser a voz dos centos de familias de Sri Lanka que se dedican a cultivar té ou jengibre para a súa exportación. Nun correcto inglés explica en que medida cambia a vida das comunidades rurais ao poder acceder cos seus produtos ao mercado internacional.
Coñecer os rostros e as voces que están detrás de cada paquete de café ou de cada bolsa de té que compramos nas tendas de comercio xusto é imprescindible para poder entender que un consumo responsable e con regras xustas si pode cambiar a vida da xente nos países en vías de desenvolvemento.
Sete ONGD galegas, A Cova da Terra, Amigos da Terra, Intermón Oxfam, Panxea e Taller de Solidaridade, coa colaboración de Ayuda en Acción e Solidaridad Internacional participan no proxecto “As mulleres alimentan ao mundo”. Clara Raposo, directora de A Cova da Terra, cabeza visible deste consorcio,coméntanos en detalle os pormenores do proxecto.
Sábado, 19 Marzo 2011 00:27

"Cando un país é pobre, o seu lixo tamén o é"

Escrito por agareso
O máximo responsable da asociación intermunicipal do Golfo de Fonseca no Salvador, Ricardo Jiménez, recibiu aos reporteiros que integraron a expedición do proxecto AGARESO no Golfo de Fonseca na sede da súa asociación, que aglutina a 13 municipios e que se atopa situada en pleno centro de Conchagua, municipio veciño á Unión.
Venres, 18 Marzo 2011 23:20

Amitai Sandy: "Non todos os israelís son malos"

Escrito por agareso
Na protesta contra o asentamento xudeu situado no corazón de Hebrón atopámonos con Amitai Sandy, un mozo israelí que defende a causa palestina. Responde as preguntas das xornalistas de AGARESO en inglés. Consegue que a súa voz soe máis forte que o “Free, free Palestine” que corean os manifestantes.
Natalia Puga/Lara Varela. Bendir Hadya é un soldado na reserva. Loitou co Frente Polisario desde o ano 1978 e, desde o alto ao fogo, traballa coma tradutor-guía para o Goberno saharaui á espera de retomar as armas como único camiño para recuperar o seu territorio. Co muro construído polos marroquíes como telón de fondo, contextualiza o conflito saharaui na fronteira entre ambos territorios.
No actual contexto de aumento da exclusión social e a pobreza infantil, o III Intercambio Profesional de Federación de Entidades con Proxectos e Pisos Asistidos (FEPA) celebrado en Santiago de Compostela organizados por Igaxes3 quixo “reflexionar sobre as novas necesidades educativas dos menores tutelados e ex tutelados de cara á súa autonomía plena e á súa inclusión real na sociedade”. Unha das participantes na actividade foi Elisa Fernández, educadora nun piso mentor da Coruña e firme defensora deste recurso como paso previo á vida adulta independente que aparte a estes mozos da exclusión á que os condenou a sociedade.

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Últimos comentarios

Calendario

« Febreiro 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29