O mércores 11 de abril tivo lugar a quinta sesión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional, onde Agareso e ACPP, entidades organizadoras da formación, puxeron o foco na educación e na infancia.

Na primeira sesión, o alumnado visitou unha das vivendas titeladas pola ONG Igaxes dentro do programa Mentor en Galicia. Durante 2 horas, xs alumnxs do Seminario puideron visitar a vivenda acompañadxs por un dos catro educadores que traballan alí e coñeceron a dous dos menores que viven nela, que lles falaron de como é o seu día a día. Tamén mantiveron un encontro con Pedro Solla, director de comunicación de Igaxes, que lles deu certas claves para saber tratar a comunicación vinculada con menores en risco de exclusión social.

A segunda parte do Seminario centrouse no relatorio Educación polo Desenvolvemento levada a cabo por Roi Guitián, membro de Agareso e fundador de Gingko. O vídeo Participativo ou o uso de novas tecnoloxías aplicadas á comunicación polo cambio social foron algúns dos puntos nos que baseou a súa charla.