Descargas

Descargas

A través dos nosos proxectos e formacións e incluso nas nosas exposicións, memorias e documentais, Agareso traballa difundindo as ferramentas e enfoques en diversas áreas que inclúen a comunicación e educación para o desenvolvemento, ou cuestións máis técnicas relacionadas coa utilización de instrumentos de comunicación, tanto analóxicos como dixitais.

Esta labor de formación e capacitación compleméntase coa publicación das guías didácticas, documentos de boas prácticas ou diversos materiais que soemos usar nas nosas actividades.

Este apartado nace da intención de compartir con todos aqueles que puidesen estar interesados estes materiais, que poden ser consultados ademáis nas páxinas concretas dos proxectos nos que son utilizados.