Por cuarto ano consecutivo formamos parte da iniciativa O Mundo que Queremos, un proxecto de Educación en Valores que ten como obxectivo aunar esforzos e aproveitar a experiencia de capacidades das organización que traballamos cooperación en Galicia para polas ao servizo dos centros educativos galegos.

Así pois, Cooperación Galega; o mundo que queremos é unha iniciativa dirixida a 500 alumnos e alumnas dos centros de ensino galegos xunto ao seu profesorado. Co profesorado e alumnado destinatario, afondarase nas desigualdade sociais existentes e as causas que as perpetúan con especial atención a realidade dos países empobrecidos. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible serán a temática condutora da proposta e a comunicación comunitaria a ferramenta metodolóxica e elemento vertebrador das accións a desenvolver.

Debido a este enfoque metodolóxico Agareso imparte a formación en radio e fotografía, co obxectivo de que o alumnado reflexione sobre as desigualdades sociais a través da elaboración dos seus propios discursos. Tamén participamos na elaboración e execución do plan de comunicación externa do proxecto para darlle maior visibilidade os obxectivos do proxecto.

Esta iniciativa, enmarcada dentro dos Plan Proxecta que financia a Consellería de Educación, tamén inclúe a visita de persoas beneficiarias dos proxectos de cooperación galega aos centros educativos para que poder contar a súa realidade ao alumnado e accións de teatro foro que promoven a reflexión crítica e a chamada acción do alumnado sobre a problemática de migracións.