Comunicando comunidades

Agareso realizou non 2014 o proxecto Comunicando Comunidades, financiado polo Fondo Galego de Cooperación, para previr e reducir a vulnerabilidade perante o risco de inundacións en comunidades e centros escolares dos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca (El Salvador) a través da mitigación, sensibilización e educación ambiental. Os resultados e contidos desta formación amplificáronse mediante a emisión de programas específicos de prevención na radio comunitaria Radio Tehuacán. Ademais das capacitacións impartidas pola ONGD local Cordes, entregáronse materiais de prevención aos comités de protección civil e aos centros educativos, entre outras tarefas que culminaron coa gravación do documental sobre a participación comunitaria.

O documental ‘Comunicando comunidades’, gravado en El Salvador por un equipo de voluntariado de Agareso, integrado por Juan de Sola, Alba Sotelo e Gabriela Sánchez percorreu 10 concellos galegos na súa “ruta de sensibilización”

A actividade de sensibilización, que se centra na proxección do documental de 20 minutos, se complementan cunha charla previa para contextualizalo e un debate posterior no que se anima á mocidade a implicarse na resolución das problemáticas sociais que afectan a súa contorna.