"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Aniversario del 15M

Aniversario del 15M

Este 12 de Maio os indignados e indignadas volveron a saír á rúa.

Máis ...
Di-k-non

Di-k-non

Internos e adolescentes aprenden a previr o consumo de drogas

Máis ...
Xornalismo social e cooperación internacional

Xornalismo social e cooperación internacional

ACPP e Agareso imparten na USC o II Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. 

Máis ...
Escolas sen Racismo

Escolas sen Racismo

Agareso e ACPP traballan co alumnado a educación para o desenvolvemento a través da radio e a televisión

Máis ...
Brigada Sanitaria en Nicaragua

Brigada Sanitaria en Nicaragua

Agareso e Solidaridade Galega visibilizan neste Diario de a bordo a promoción de calidade sanitaria neste país centroaméricano.

Máis ...
O son do Lempa

O son do Lempa

AGARESO Radio nas comunidades do Salvador

Máis ...
Refuxiados na fronteira libio-tunecina

Refuxiados na fronteira libio-tunecina

A voz audiovisual dos refuxiados que se 'hacinan' nos campamentos do sur de Túnez e de todos aqueles que cruzan a fronteira fuxindo da guerra.

Máis ...
Materia pendiente

Materia pendiente

Aula práctica en Marrocos dos alumnos do I Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional impartido por Agareso

Máis ...
A loucura da guerra

A loucura da guerra

O xornalista Antonio Pampliega Rodríguez conta dende outro punto de vista o conflito armado en Afganistán.

Máis ...
Rumbo ao penal

Rumbo ao penal

Varias historias nun mesmo contexto: a prisión de Ponte Grande Jalisco (México)

Máis ...
Movemento por unha 'Democracia Real XA'

Movemento por unha 'Democracia Real XA'

Xurde unha plataforma cidadá para coordinar unha acción global e común entre todos aqueles que están a tentar contribuír a que a actual situación cambie.

Máis ...
A terra manda

A terra manda

Os indíxenas guatemaltecos seguen conservando a cosmovisión maya como a mellor forma de tomar decisións e de sentirse en comuñón coa terra.

Máis ...
Lugo sen fogar

Lugo sen fogar

O proxecto ‘ Lugo sen fogar’ dirixe unha mirada de comprensión e de escoita sobre unha realidade que para unha parte da sociedade resulta incómoda ou indiferente.

Máis ...
Frontpage Slideshow | Copyright © 2006-2010 JoomlaWorks, a business unit of Nuevvo Webware Ltd.
Amosando elementos por tag undefined

Nouakchott, 15 de maio de 2012 – Dende finais de xaneiro, preto de 160.000 persoas fuxiron de Mali e asentáronse en campos de refuxiados en Mauritania, Burkina Faso e Níxer. A inestabilidade no seu país segue a ser moi alta e as súas esperanzas de poder regresar nun futuro próximo vanse esvaecendo pouco a pouco. Ademais, outra ameaza cae agora sobre os refuxiados: a estación de choivas está a piques de chegar e o despregue da axuda complicarase aínda máis nas próximas semanas.

Publicado Mundo

O 2 de maio actuamos no club infantil de Dajla, a 1º Actividade do Festival Internacional de Cinema do Sahara (FISAHARA 2012) e a 1ª Función de Pallasos en Rebeldia nos campamentos saharauís. Cen nenos e nenas regálannos as súas risas, os seus aplausos e o seu agarimo, nós correspondémoslles coa maxia de Pablo SuperStar, as acrobacias de Anselmo Kanbahiota e as payasadas de Lokonuk.

Publicado Reportaxes

A Coordinadora de ONGD de Canarias esixe ao Executivo presidido por Paulino Rivero que manteña as axudas establecidas no vixente Plan Director da Cooperación Canaria para o Desenvolvemento 2010-2013, despois de que confirmase a decisión de suprimir o orzamento para a convocatoria de proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento en África 2012, a pesar do compromiso inicial da Dirección Xeral de Relacións con África de destinar 500.000 euros.

Publicado España

Despois do enorme éxito da gala solidaria do pasado 22 de abril en Madrid, unha delegación de Pallasos en Rebeldía, encabezada por Iván Prado, viaxou aos campamentos de refuxiados saharauís para actuar dentro da programación do FISAHARA 2012.

Martes tras martes vamos debullando un pouco máis o II Seminario sobre xornalismo social e cooperación internacional que a mediados de abril chegou cargado de sorpresas e de bos momentos.

Publicado Reportaxes
Martes, 24 Abril 2012 06:00

A Malaria dispárase na RDC

Kinshasa/Barcelona, 20 de abril de 2012.- Os casos de malaria dispáranse en República Democrática do Congo (RDC). O masivo brote da enfermidade está a desbordar a capacidade de prevención e tratamento no país africano, polo que urxe unha resposta inmediata tanto do Goberno congoleño como doutros actores nacionais e internacionais especializados en saúde, segundo alerta a organización médico-humanitaria Médicos Sen Fronteiras (MSF).

Publicado Mundo

Os días 18 e 21 de abril, e o 19 e 20 de abril AMARANTE SETEM estarán nas estacións de Adif de Santiago de Compostela e de Pontevedra, respectivamente, con stands de Comercio Xusto, no cal os usuarios poderán coñecer de cerca en qué consiste esta alternativa comercial que ten por finalidade lograr un mundo máis xusto así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.

Publicado Galicia

Seguimos adiante co Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’, aprendendo cada día algo novo. Nesta ocasión contamos coa intervención de Susana Alvite e Carmen Novas, de Agareso, e Emilio Martínez, ex presidente da Coordinadora Galega de ONGD.

Publicado Reportaxes

O Catedrático de Sociología da Universidade da Coruña Antonio Izquierdo ofrecerá a conferencia "Como afecta a crise actual ao racismo" este xoves, 22 de marzo, en apoio ao Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial organizada por Equus Zebra.

Publicado Galicia

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) están a traballar con alumnado de Santiago de Compostela a educación e a comunicación para o desenvolvemento mediante obradoiros de radio e televisión. A iniciativa encádrase no movemento europeo ‘Escolas sen Racismo’, que engloba xa a máis de 500 centros educativos.


Publicado Reportaxes
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 3

Destacamos en portada

Comunicación sen barreiras

Últimas Noticias

Ver todas las noticias

Ultimos Proxectos

Ver todos los proxectos

Radio integrada na rede de emisoras da ONU

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Últimos tweetts