Amosando elementos por tag solidariedade

Agareso participa en Lugo no VI Encontro das Culturas con dous documentais

Agareso participa en Lugo no VI Encontro das Culturas con dous documentais

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) participará a vindeira semana no VI Encontro das Culturas organizado polo Concello de Lugo con senllos documentais. O luns 20 de maio, proxectarase ‘Camiños de paz. As outras voces de Israel e Palestina’, audiovisual realizado canda a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). O acto, tras o que se servirá unha degustación de comida árabe, dará comezo ás 19 horas no centro de convivencia Uxío Novoneyra.

Amosar o traballo da sociedade israelí e palestina que, en contra da corrente maioritaria, denuncia as inxustizas e traballa polo diálogo, o reencontro e a cooperación entre ambas partes, é o obxectivo tanto do audiovisual como da exposición que ata o 24 de maio permanecerá no centro. O documental ‘Camiños de paz. As outras voces de Israel e Palestina’ é obra dun equipo de Agareso que se desprazou ao lugar en 2010 e dun grupo de voluntariado da organización en España. As redactoras Mar Mato e Luisa Pérez, o cámara Hugo Fernández e o fotógrafo Pelu Vidal conformaron o equipo en terreo, mentres que a montaxe corresponde a Álvaro Ayala e Antonio Grunfeld e o guión a Luisa Pérez.

O martes 21, tamén ás 19 horas, presentarase no centro de convivencia de Fingoi ‘O Fondo Galego: Compromiso coa solidariedade’, audiovisual que visibiliza o traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, integrado por 91 administracións locais e provinciais entre as que se atopa o Concello de Lugo. A peza, elaborada por un equipo de voluntariado profesional de Agareso, amosa os proxectos impulsados en Nicaragua, Cuba e Cabo Verde, pero tamén as actividades de sensibilización en Galicia, amais de explicar a razón de ser da entidade.

O cámara Xacobe González e a xornalista Mónica González mesmo se desprazaron ao arquipélago africano para filmar as actuacións cofinanciadas polo Fondo Galego, mentres que algunhas imaxes enviáronas os parceiros desde terreo e outras rodáronse en Galicia. O obxectivo do documental é contribuír á concienciación sobre os desigualdades Norte-Sur e sobre a importancia da cooperación como ferramenta de cambio, amosando o papel das entidades locais galegas neste eido.


Sábado, 18 Maio 2013 Proxectos Ler máis...

Voces con Fondo 18 - Quince anos de compromiso local coa solidariedade internacional

Voces con Fondo pecha o ano cunha edición especial para conmemorar o 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O espazo resume o evento central celebrado o 30 de novembro en Santiago de Compostela, que incluíu a presentación dun audiovisual realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios.

Download Embed Embed this video on your site

O programa recolle o son dos relatorios das VII Xornadas de Cooperación, dos vídeos protagonizados polo voluntariado de Vacacións con Traballo e dos contos da Tropa de Trapo. O acto conducido pola actriz Mariana Carballal serviu para reafirmar que os Dereitos Humanos non son unha idea lixo.


Domingo, 23 Decembro 2012 AG Radio Ler máis...
O 82% das persoas que atende Cruz Vermella vive por baixo do limiar da pobreza

O 82% das persoas que atende Cruz Vermella vive por baixo do limiar da pobreza

Máis de 19.000 voluntarios colaboran actualmente con Cruz Vermella Española, un dos organismos máis activos no ámbito do benestar social. E é precisamente a provincia de Pontevedra, con 5.728 persoas, a que maior concienciación social demostra. Son datos que se fixeron públicos con motivo da celebración, este mércores 5 de novembro, do Día Internacional do Voluntariado.

Estes voluntarios, que se suman aos 5.104 na Coruña, 4.103 en Lugo e 4.181 en Ourense, participan nas distintas fases da posta en marcha e desenvolvemento dos proxectos e actividades das seis oficinas locais coas que conta a provincia de Pontevedra. En total, Cruz Vermella conta con 40 sedes situadas en distintas localidades da comunidade autónoma. En España, a Institución conta con máis de 207.000 persoas voluntarias. De todas elas, 143 son novas incorporacións neste 2012 na cidade de Pontevedra.

A través deles, explica Cruz Vermella, estase podendo constatar que as demandas máis urxentes das persoas vulnerables teñen que ver coa cobertura inmediata de necesidades básicas. "O voluntariado constitúe un elemento básico para a canalización da solidariedade, á vez que mellora e fortalece a participación social, influíndo sobre a transformación da contorna e tornándoa máis igualitaria e xusta", aseguran.

Perfil do voluntariado

En relación ao perfil tipo do voluntariado de Cruz Vermella, a institución destaca que existe paridade de xénero (52,26 % mulleres e 47,74 % homes); a maioría ten unha idade comprendida entre os 31 e 40 anos (o 30,93 %); o 43,38% ten estudos superiores, e o 22,37% é estudante. O 7,17 % do voluntariado é de orixe estranxeira.

O maior número de voluntarios atópase desenvolvendo actividade no ámbito de Socorros e Urxencias (31,70 % do total), seguido polos plans de Intervención Social (31,37%), e por Cruz Vermella Mocidade (13,26 %). O voluntariado de Cruz Vermella tamén participa activamente noutras áreas de traballo como Voluntariado e participación, Formación, Captación de Fondos, Cooperación Internacional e Medio Ambiente.

Impacto da crise

Nos dous últimos anos, o impacto da crise socioeconómica fixo que moitas persoas, que ata hai pouco se atopaban en contextos socioeconómicos seguros, entren a formar parte dos colectivos atendidos pola organización humanitaria.

O 82% das persoas que atende Cruz Vermella vive por baixo do limiar da pobreza (renda menor de 627,78 euros ao mes) e presenta unha taxa de paro do 64,86 %. O 50% dos desempregados atendidos pola organización leva máis de dous anos en paro e o 51% carece de cobertura de desemprego ou rendas mínimas. Estes son algúns dos datos que se extraen do Boletín sobre a Vulnerabilidade Social de Cruz Vermella Española, que mide o impacto da crise na poboación atendida pola organización.

O obxectivo concreto deste chamamento é o de incrementar a atención de Cruz Vermella cara a colectivos en situación de extrema vulnerabilidade, como familias con todos os seus membros en paro, nenos que viven en fogares pobres, persoas maiores con responsabilidade ou cargas familiares, persoas paradas de longa duración, persoas sen fogar ou mozos en paro.


Mércores, 05 Decembro 2012 Actualidade Ler máis...
Día Internacional das persoas con discapacidade. Alento sae á rúa contra os recortes

Día Internacional das persoas con discapacidade. Alento sae á rúa contra os recortes

A Asociación de Dano Cerebral de Vigo, “Alento” saíu hoxe á rúa para denunciar o seu incerto futuro polos recortes orzamentarios que a están deixando sen axudas. Reivindicou con outros colectivos de discapacitados o seu dereito democrático a non estar marxinados e a unha vida digna. A entidade sen ánimo de lucro está pendente destas subvencións para abrir o seu novo centro de Navia. Unhas 40 persoas agardan en lista de espera para entrar na entidade, que agora atravesa un ERE e traballa baixo mínimos para 56 usuarios con dano cerebral adquirido por un accidente ou un ictus.

Cada ano 33 de cada 100.000 persoas sufren dano cerebral, o primeiro motivo de discapacidade da poboación nova. En España contabilízanse arredor de 400.000 afectados, 13.000 deles en Galicia e dous milleiros na cidade olívica.

Almudena R., de 29 anos, ten dano cerebral dende hai 17 debido a unha intervención cirúrxica para extraerlle un tumor. Recuperou todas as súas capacidades, ainda que ten algúns problemas de memoria, o que a animou a estudiar Educación Infantil.

Dende que acude a “Alento” notou sobre todo mellaría no seu “comportamento, agora coopera máis nas tarefas da casa, teño menos enfados e relaciónome máis coa xente”, sinala. “Deume a vida. Serviume para coñecer a outras persoas e para facer amizades”, engade.

Sobre todo aprendeu informática: “Fago documentos de Word. Sei utilizar Internet e aprendín a empregar o correo electrónico”, explica. Ademáis coiro e cesteiría axúdanlle a “centrar máis a atención”, conclúe.

O fisioterapeuta do centro, Daniel Diz, comezou como voluntario na asociación e xa leva 6 anos contratado. Emprega diferentes técnicas para tratar aos pacientes como “o concepto Bobath, ferramentas para traballar con afectados con secuelas psico-neurolóxicas”.

“A maioría son pacientes crónicos non moi dependentes. Necesitan apoio. Trátase de que a persoa sexa o máis autónoma posible”, indica. “Todos os tratamentos están orientados a unha tarefa determinada, por exemplo o alcance dun obxecto coa súa man afecta ou traballar o paso na marcha”, engade.

A melloría é evidente xa que “algúns veñen en cadeira de rodas e a gran maioría acaban camiñando con apoios, con bastón ou de xeito autónomo”. “O obxectivo é que sexan o máis independentes posible na súa vida diaria, explica.

“Para que volvan a andar son clave os dous primeiros anos de rehabilitación onde se crean uns axustes cerebrais como se o cerebro se reseteara. Trátase dun proceso de sinopsis das conexións neurológicas e hai que estimulalos para que o corpoo faga a recuperación o máis funcional posible”, suliña.

“Prevéñense deformidades, mellóranse patróns de mobementos inaxeitados e alívianse dores”, nunhas sesións de 45 minutos un ou dous días á semana. Ademáis realízanse sesións de psicomotricidade e hidroterapia na Piscina Municipal de Teis. Alí poñen en práctica técnicas adaptadas ao dano cerebral adquirido. “Aprenden a nadar e sírvelles de apoio para que superen a falla de mobilidade. Pero os grupos están pechados e non pode entrar ninguén máis”, conclúe.

A voluntaria Míriam Rivera, de 31 anos, é auxiliar de enfermería e ela mesma sufriu dano cerebral. Explica que os usuarios son “super agradecidos”. Colabora en baile, xogos de mesa e nas salidas de ocio e tempo libre. Sinala que “moitas veces as limitacións son máis mentais que físicas porque querer é poder”. E di que elexiu o voluntariado porque “sempre lle gustou axudar e tanto eso como auto axudarte só pode partir de ti, ninguén pode obrigarte”, di.

Fernando Vidal, o psicólogo do centro, indica que cando se produce un dano cerebral a familia, e en ocasións o propio afectado, poden atravesar un proceso de duelo similar ao que se produce tras a perda dun ser querido. A fase hospitalaria e o alta son períodos, polo antes mencionado, especialmente críticos, nos que os profesionais implicados deberían proporcionar información de xeito profuso ás familias e ter en conta os tempos que requiren estas para afrontar a situción que lle sobreviu, non só ao afectado, senón tamén a elas.

As persoas que acuden á asociación presentan unha grande variabilidade nas secuelas resultantes do dano cerebral que sufriron podendo darse alteracións de carácter físico, nas súas funcións mentales superiores e trastornos emocionais e do comportamento. O traballo individualizado e multidisciplinar adquire polo tanto un significado especial e ten que ter en conta ao afectado na dterminación dos obxectivos a acadar, xa que o traballo dos profesionais debería centrarse en proporcionar apoios e ferramentas para o desenvolvemento da autonomía persoal.

O traballo, seguindo criterios de “planificación centrada na persoa” é fundamental para desterrar os modelos de atención asistencial que imperan en ámbitos da atención á discapacidade e “os resultados observados nas persoas que acuden á asociación nos reafirman e reforzan nosa convicción de que esta é a liña a seguir”, indica o psicólogo.

As familias son un elemento clave a considerar no noso traballo diario xa que poden actuar de estímulo complementando a nosa liña de traballo, ou, en ocasións, resultar sobreprotectoras guiadas polo temor e a incertidume. Na asociación entendemos, como destaca Daniel Diz, que os tratamentos, e por extensión toda a atención teñen que estar orientados a unha tarefa determinada. A mellora das habilidades comunicativas no caso de alguén que presenta afasia, os avances relacionados co patrón da marcha, a mellora no equilibrio, o progreso relacionado coa motricidade fina non teñen que ser outra cousa que ferramentas que faciliten a vida en comunidade, lembra Fernando Vidal.

O xerente da entidade, Gonzalo Mira, educador social, lembra que “Alento” naceu como “unha iniciativa das familias e de profesionais relacionados co mundo do social e da discapacidade”. Fundouse “para cubrir a carencia de servicios públicos na atención a persoas con dano cerebral”. En realidade é un “Servicio de Readaptación, Información e Asesoramento” que atende a 56 persoas con esta lesión e ás súas familias.

Os usuarios pagan entre 0 e 200 euros ao mes segundo os seus recursos: “Todos están subvencionados porque dependemos de múltiples axudas de organismos públicos e privados. O problema é que estas axudas cada día son menores”, o que dificultou a apertura do seu novo centro en Navia con instalacións máis amplas e completas, que “pretendemos esté aberto en xaneiro”.

Unhas 40 persoas con dano cerebral agardan para entrar en “Alento” e “atendelos dependerá dos recursos públicos que teñamos”, estima.

“De cara ao futuro hai moitas dificultades, sobre todo, se a administración non responde ás nosas demandas, que non deixan de ser dereitos das persoas”, engade. Ainda que “estamos moi ilusionados coa apertura do novo centro que creemos nos pode abrir novas portas de financiación”, di Gonzalo.

O seu traballo ensínalle “cada día cousas novas, sobre todo, que ás persoas con esta lesión cerebral, si se lles dan oportunidades, poden aportar moitas cousas á sociedade”.


Luns, 03 Decembro 2012 Reportaxes Ler máis...

Voces con Fondo 17 – 'Charlas contra a indiferenza' para reflexionar sobre os ODM, a cooperación e a paz

A nova entrega do programa sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ábrese coa estrea das 'Charlas contra a indiferenza' a cargo de Roberto Mansilla, analista do Igadi. Repasa tamén o Consello Municipalista da Cooperación, coas valoracións de distintas ONGD e a convocatoria de proxectos. Non faltan o boletín de noticias, a axenda estival e as recomendacións literarias e cinematográficas.

  Download Embed Embed this video on your site


Luns, 02 Xullo 2012 AG Radio Ler máis...
Agareso proxectará os seus documentais e terá un stand informativo nas VIII Xornadas Interculturais de Cangas

Agareso proxectará os seus documentais e terá un stand informativo nas VIII Xornadas Interculturais de Cangas

O concello de Cangas organiza para esta fin de semana as VIII Xornadas Interculturais como forma de fomentar o coñecemento doutras culturas, a convivencia e a integración multicultural. A proposta de actividades deste ano céntrase na cooperación e no comercio xusto a través das experiencias de sensibilización e acción social das diferentes ONG galegas.


Xoves, 31 Maio 2012 Reportaxes Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 7

Mapa de proxectos

Agareso Radio

Programa online

Axenda

Agosto 2014
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31