Amosando elementos por tag radio
Escolas sen Racismo - 'O Faladoiro do Ferreiro'
'O Faladoiro do Ferreiro' é o programa final do obradoiro de radio para a educación en valores impartido no CEIP López Ferreiro, en Santiago de Compostela. Asemblea de Cooperación pola Paz e Agareso promoven esta iniciativa de educación e comunicación para o desenvolvemento no marco do proxecto Escolas sen Racismo.
Download Embed Embed this video on your site
O espazo inclúe unha entrevista ao director do centro e directivo do Seminario Galego de Educación para a Paz, Lois Trigo, unha enquisa na rúa sobre os Dereitos da Infancia e unha tertulia multicultural con estudantes de distintas nacionalidades. A presentación locutada por varias compañeiras enfía os contidos.
Domingo, 09 Decembro 2012 AG Radio Ler máis...
Día mundial do Alzheimer
Cada 21 de setembro celebramos o día mundial do Alzheimer,fecha elixida pola Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer co propósito de dar a coñecer esta enfermidade e as súas consecuencias persoais, sociais e sanitarias.
Download Embed Embed this video on your site
Considerada como a ‘epidemia do século XXI’, esixe, para a súa abordaxe, o compromiso e a participación de todos e todas. En Agareso Radio, queremos achegar o noso granito de area para sensibilizar sobre esta enfermidade e ao mesmo tempo dar a coñecer o traballo que están a realizar moitas organizacións para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con Alzheimer como dos seus familiares.
Venres, 21 Setembro 2012 AG Radio Ler máis...
Agareso regresa ao Bajo Lempa con máis comunicación para o desenvolvemento
Agareso implementou no verán de 2011 o seu primeiro proxecto de comunicación para o desenvolvemento no exterior. O equipo integrado polas xornalistas Susana Alvite e Carmen Novas impartiu sete talleres de radio noutras tantas escolas do Bajo Lempa.
Luns, 13 Agosto 2012 Proxectos Ler máis...
Os obradoiros de radio e prensa da Lama, galardoados por Intitucións Penitenciarias
Os obradoiros de radio e prensa que imparte Agareso no centro penitenciario de A Lama (Pontevedra) foron galardonados co primeiro e terceiro, premio, respectivamente, dos concursos nacionais de radio e prensa en penais convocados pola Secretaría Xeral de Instititucións Penitenciarias.
Luns, 06 Agosto 2012 Proxectos Ler máis...
Neneta Herrero: "Con oito euros, un neno estuda e come na escola da India durante un mes"
A presidenta da ONG Shanga, Neneta Herrero, fálanos nesta edición estival de 'Zona ONG' do seu proxecto na India. A escola María Soliña garante a formación e a alimentación de medio milleiro de nenas e nenos. Nesta entrevista, mesmo poderemos escoitalos cantando en galego.
Download Embed Embed this video on your site
Mércores, 25 Xullo 2012 AG Radio Ler máis...
'Pratos do mundo cociñados dende A Lama', unha iniciativa pioneira e única en España.
'Pratos do mundo cociñados dende A Lama' é un novo proxecto da Fundación Pedro Barrié de la Maza e o centro penitenciario da Lama (Pontevedra). Trátase dun libro con 42 receitas nacionais e internacionais propostas polos internos e cunha colaboración especial, a de Pepe Solla, cociñeiro galego que prologa o receitario.
Martes, 03 Xullo 2012 Reportaxes Ler máis...








