AGARESO RADIO emite por segunda vez un programa monográfico adicado ao balance e análisis do 15-M. Este domingo, seguirá as mobilizacións do 19J con conexións con diferentes cidades e outros países como Ecuador ou Venezuela para coñecer a trascendencia deste movemento social. Pode sintonizar a partir das 21 horas e conectar co estudio central a través de AG TV.
As 12 campás que o pasado domingo soaron como cada noite desde o punto máis alto da emblemática Porta do Sol eran especiais. O motivo non era o minuto de silencio sobre o que o seu compasado son parecía máis intenso. Tampouco as mans alzadas ao ceo das aproximadamente 3000 persoas que se atopaban na praza, nin as bágoas que os ollos dalgúns desprendían.
Redefinición de estratexias, desvinculación de grupos non pertencentes a DRY e a busca dun consenso interno e unha auto-organización eficiente marcou o primeiro mes do movemento.
Unha das derradeiras accións reivindicativas dos “indignados” da Acampada de Vigo foi a entrega (o luns día 6) de tarxetas de desemprego a un banco galego co que un deles ten unha hipoteca dende hai de 11 anos que agora non poderá afrontar por estar no paro.
Acampar nas asembleas de Sol é un todo un exercicio de inmersión para coñecer as cavidades dun imparable movemento que esixe, canto antes, unha serie de reformas do actual sistema, asentado nunha evidente falta de Democracia Real.
En proceso de debate, a constitución de puntos informativos e a mellora organizativa. Facendo un repaso polo pensamento político de Grecia no século V e VI, un non deixa de encontrar moitos puntos en común co que está a acontecer actualmente na Praza Maior de Ourense.
A relevancia do movemento 15M# é o obxectivo do equipo de Agareso Radio que desenvolve, a partir das 20h, un programa especial dedicado ás acampadas dos ‘Indignados’. Ademais de seguir o espazo en directo, os oíntes que o desexen poderán conectarse co estudo central.
Centos de mensaxes coma este adornan as paredes da praza central de España. Os 676 acampados e as firmas de máis de 150.000 persoas, lexitiman un movemento que está, á luz do que se vive en Madrid estes días, lonxe de apagarse.
Entre unha trintena e medio cento de persoas participan de xeito activo no Campamento de Vigo aportando propostas, como a necesidade dunha lei hipotecaria, que xa existe noutros países, para evitar o endevedamento das familias e dos mozos.
Ningunha das concentracións e acampadas que se estenden por todo o estado deixou a rúa. Madrid comezou o 21 de Maio con decenas de miles de persoas "berrando en silencio", recibindo deste xeito a xornada de reflexión e a decisión da Xunta Electoral Central, que a noite do xoves declarou ilegal as concentracións no día de reflexión.
Madrid, 16 de Maio de 2012. A axenda do aniversario do 15 M chega ao seu fin. Dende o pasado sábado 12 déronse unhas xornadas intensas, en emocións, en intercambio de opinións, na acción e a rúa e no enfrontamento coas forzas do estado.
Comezan as gravacións para o programa final do obradoiro de televisión que Agareso e ACPP promoven no IES Antonio Fraguas, en Santiago de Compostela, no marco da iniciativa Escolas sen Racismo.
O enfoque de xénero centrou unha nova sesión do II Seminario 'Xornalismo social e cooperación internacional', da man da xornalista Belén Puñal e de Lorena Arévalo, da ONGD Implicadas no Desenvolvemento.
Download
Embed Insertar este video en tu web
Toni España resúmenos as dúas últimas sesións do curso organizado por Agareso e ACPP na USC, que contou asemade coa participación do director de Altermundo, Manoel Santos. As xornalistas…
Madrid. 12 de maio de 2012. Este sábado a consigna era clara: volver xuntar a indignación en concentracións multitudinarias. Un ano después da súa primeira saída á rúa non houbo dúbidas en que a mellor forma de celebración era volver alzar a voz.
O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto para denunciar as desigualdades no actual sistema de intercambio internacional e reivindicar a contribución ao desenvolvemento dos pobos desta fórmula alternativa. Agareso Radio visita as dúas tendas especializadas da cidade de Pontevedra para dar a coñecer as propostas de Amarante Setem e Solidariedade Internacional.
Pasaron catro anos e a sensación de escasa contribución ao desenvolvemento é crónica. Todos os investimentos en recursos humanos, materiais e técnicos son insuficientes ante unha insaciable demanda de necesidades sociais e humanas. Aquel sete de maio de 2008, unha longa lista de nomes, fieis ao compromiso, estampou a firma sobre un documento fundacional para dar vida á ONGD Agareso…
A gravadora é a fiel aliada da e do xornalista radiofónico. Iso foi o primeiro que aprenderon a quincena de estudantes que desde mediados de abril participan no obradoiro impartido por Agareso no CEIP López Ferreiro. O centro compostelán forma parte hai tempo da rede Escolas sen Racismo, promovida por Asemblea de Cooperación pola Paz, e este ano avanza na…
O programa 'Zona ONG' achéganos esta vez á confederación Aspace, que agrupa as principais entidades de atención á parálise cerebral en España. Conversamos coa súa xerente en Galicia, Ana Prieto, e con Eulogio López, xerente de Aspace Coruña, onde naceu A Radio dos Gatos.
Download
Embed Insertar este video en tu web
O 2 de maio actuamos no club infantil de Dajla, a 1º Actividade do Festival Internacional de Cinema do Sahara (FISAHARA 2012) e a 1ª Función de Pallasos en Rebeldia nos campamentos saharauís. Cen nenos e nenas regálannos as súas risas, os seus aplausos e o seu agarimo, nós correspondémoslles coa maxia de Pablo SuperStar, as acrobacias de Anselmo Kanbahiota…
Os profesionais da comunicación de Pontevedra conmemoran o 'Día Internacional da Liberdade de Prensa' denunciando a crise pola que atravesa o sector e os ataques ao dereito inalienable dos cidadáns á información. Nos últimos catro anos perderon o seu traballo máis de 6.000 xornalistas, pecharon 52 medios e abríronse 23 ERE.
Mohammed Naser, Dalal Altegi e Mohammed Abed son tres ciudadans palestinos que sufren os efectos do conflicto bélico entre árabes e israelíes. "Palestina sen barreiras" e unha viaze o sufrimiento das persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas e de movilidad. Pero, sobre todo, e unha viaxe a esperanza.
Actualidade semanal sobre o ámbito da discapacidade e as principales acción desenvolvidas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Cris Pet proporciona as novas relevantes neste resume informativo.
Download
Embed Insertar este video en tu web
ACPP e AGARESO dan comezo este martes 4 de outubro a un ciclo de cinema sobre a ocupación palestina no Salón Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Edición do boletín informativo de Cogami 'Sen Barreiras', correspondente a derradeira semana de septembro, centrado en novas relativas as persoas con discapacidade. Esta é unha producción e locución de Cristina Pet.
Download
Embed Insertar este video en tu web
Nova edición deste espazo en Agareso Radio, no que participan diferentes usuarios da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). Nesta ocasión, Manuel, Antonio y Javier analizan as dificultades de accesibilidade nas praias para unha persoa con discapacidade, a pesar de contar con bandeira azul, outorgada polos óptimos servizos.
Download
Embed Insertar este video en tu web

Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported de Creative Commons
Icons by http://dryicons.com
Powered by Joomla | Proxecto web de AB Serveis Tecnològics