Amosando elementos por tag cooperación
Agareso participa en Lugo no VI Encontro das Culturas con dous documentais
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) participará a vindeira semana no VI Encontro das Culturas organizado polo Concello de Lugo con senllos documentais. O luns 20 de maio, proxectarase ‘Camiños de paz. As outras voces de Israel e Palestina’, audiovisual realizado canda a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). O acto, tras o que se servirá unha degustación de comida árabe, dará comezo ás 19 horas no centro de convivencia Uxío Novoneyra.
Amosar o traballo da sociedade israelí e palestina que, en contra da corrente maioritaria, denuncia as inxustizas e traballa polo diálogo, o reencontro e a cooperación entre ambas partes, é o obxectivo tanto do audiovisual como da exposición que ata o 24 de maio permanecerá no centro. O documental ‘Camiños de paz. As outras voces de Israel e Palestina’ é obra dun equipo de Agareso que se desprazou ao lugar en 2010 e dun grupo de voluntariado da organización en España. As redactoras Mar Mato e Luisa Pérez, o cámara Hugo Fernández e o fotógrafo Pelu Vidal conformaron o equipo en terreo, mentres que a montaxe corresponde a Álvaro Ayala e Antonio Grunfeld e o guión a Luisa Pérez.
O martes 21, tamén ás 19 horas, presentarase no centro de convivencia de Fingoi ‘O Fondo Galego: Compromiso coa solidariedade’, audiovisual que visibiliza o traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, integrado por 91 administracións locais e provinciais entre as que se atopa o Concello de Lugo. A peza, elaborada por un equipo de voluntariado profesional de Agareso, amosa os proxectos impulsados en Nicaragua, Cuba e Cabo Verde, pero tamén as actividades de sensibilización en Galicia, amais de explicar a razón de ser da entidade.
O cámara Xacobe González e a xornalista Mónica González mesmo se desprazaron ao arquipélago africano para filmar as actuacións cofinanciadas polo Fondo Galego, mentres que algunhas imaxes enviáronas os parceiros desde terreo e outras rodáronse en Galicia. O obxectivo do documental é contribuír á concienciación sobre os desigualdades Norte-Sur e sobre a importancia da cooperación como ferramenta de cambio, amosando o papel das entidades locais galegas neste eido.
Sábado, 18 Maio 2013 Proxectos Ler máis...
Presentación de 'Dominicanas Somos'
Este venres, 25 de xaneiro, ás 19.30 horas no salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra, terá lugar o acto de presentación da banda deseñada 'Dominicanas Somos' organizada por ACPP Galicia e 'Polo Correo do Vento'.
Nesta obra recóllese a realidade da muller en República Dominicana, e foi editada no marco do proxecto 'Mulleres en Movemento', financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta Galicia.
Venres, 25 Xaneiro 2013 Actualidade Ler máis...
Voces con Fondo 18 - Quince anos de compromiso local coa solidariedade internacional
Voces con Fondo pecha o ano cunha edición especial para conmemorar o 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O espazo resume o evento central celebrado o 30 de novembro en Santiago de Compostela, que incluíu a presentación dun audiovisual realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios.
Download Embed Embed this video on your site
O programa recolle o son dos relatorios das VII Xornadas de Cooperación, dos vídeos protagonizados polo voluntariado de Vacacións con Traballo e dos contos da Tropa de Trapo. O acto conducido pola actriz Mariana Carballal serviu para reafirmar que os Dereitos Humanos non son unha idea lixo.
Domingo, 23 Decembro 2012 AG Radio Ler máis...
Profesionais da escena no 15º aniversario do Fondo Galego
O mundo da escena apoiará mañá o 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asistindo ao evento que se celebrará en Santiago de Compostela. Mela Casal, Ernesto Chao, Camila Bossa, Isi, Dorotea Bárcena, Josito Porto, Iolanda Muiños ou Rosa Alvárez confirmaron xa a súa presenza no acto conducido por Mariana Carballal, directora da serie 'Escoba!' da TVG. Actrices e actores súmanse ao persoal técnico e político das Deputacións e Concellos socios, destacados representantes locais e autonómicos dos partidos, ongd, sindicatos e asociacións que acudirán á conmemoración de tres lustros de compromiso municipalista cos Dereitos Humanos.
A celebración, con entrada libre e de balde, conta co apoio da Xunta de Galicia, a través de Cooperación Galega. A gala dará comezo ás 12.30 horas no edificio Cersia, situado en San Lázaro, onde desde as 9 da mañá terán lugar as VII Xornadas de Cooperación: 15 anos comprometéndonos coa solidariedade. Expertas e expertos de Galicia e internacionais compartirán mesa para analizar a cooperación municipalista no mundo e a situación do sistema galego de cooperación diante da crise.
Tras un café de comercio xusto, iniciarase o acto de conmemoración, no que se entregarán os premios do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’ e se presentará o documental sobre o Fondo Galego de Cooperación realizado por voluntariado de Agareso. A compañía A Tropa de Trapo compartirá con todos os presentes o seu espectáculo de contacontos e haberá tamén unha homenaxe sorpresa.
O evento de mañá pon fin á campaña ‘Somos unha rede de institucións e persoas’ impulsada nas últimas semanas para defender que os Dereitos Humanos non son unha idea lixo. A campaña incluíu diversos vídeos, protagonizados por participantes no programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, que poden compartirse desde a páxina do Fondo Galego en Facebook e mais un ‘gag’ elaborado co apoio da CRTVG.
Xoves, 29 Novembro 2012 Actualidade Ler máis...
A Xunta colabora ca Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento de obradoiros
A Xunta colabora ca Coordinadora Galega de ONGs para o desenvolvemento de obradoiros e a realización de actividades formativas, de divulgación e investigación destinadas a contribuír á cooperación ao desenvolvemento, á acción humanitaria e de emerxencia e á educación para o desenvolvemento
Sábado, 29 Setembro 2012 Novas Ler máis...
Seminario USC: Nador, terra amazig
Terrazas cheas de homes vendo o Real Madrid. O fútbol tamén reina nesta terra. Pola estrada os coches circulan de xeito caótico e intentar cruzar convértese nunha odisea. De fondo, unha voz chama ao rezo facendo ecos xordos entre os pitidos dos vehículos.
Mércores, 19 Setembro 2012 Proxectos Ler máis...








