"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Aniversario del 15M

Aniversario del 15M

Este 12 de Maio os indignados e indignadas volveron a saír á rúa.

Máis ...
Di-k-non

Di-k-non

Internos e adolescentes aprenden a previr o consumo de drogas

Máis ...
Xornalismo social e cooperación internacional

Xornalismo social e cooperación internacional

ACPP e Agareso imparten na USC o II Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’. 

Máis ...
Escolas sen Racismo

Escolas sen Racismo

Agareso e ACPP traballan co alumnado a educación para o desenvolvemento a través da radio e a televisión

Máis ...
Brigada Sanitaria en Nicaragua

Brigada Sanitaria en Nicaragua

Agareso e Solidaridade Galega visibilizan neste Diario de a bordo a promoción de calidade sanitaria neste país centroaméricano.

Máis ...
O son do Lempa

O son do Lempa

AGARESO Radio nas comunidades do Salvador

Máis ...
Refuxiados na fronteira libio-tunecina

Refuxiados na fronteira libio-tunecina

A voz audiovisual dos refuxiados que se 'hacinan' nos campamentos do sur de Túnez e de todos aqueles que cruzan a fronteira fuxindo da guerra.

Máis ...
Materia pendiente

Materia pendiente

Aula práctica en Marrocos dos alumnos do I Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional impartido por Agareso

Máis ...
A loucura da guerra

A loucura da guerra

O xornalista Antonio Pampliega Rodríguez conta dende outro punto de vista o conflito armado en Afganistán.

Máis ...
Rumbo ao penal

Rumbo ao penal

Varias historias nun mesmo contexto: a prisión de Ponte Grande Jalisco (México)

Máis ...
Movemento por unha 'Democracia Real XA'

Movemento por unha 'Democracia Real XA'

Xurde unha plataforma cidadá para coordinar unha acción global e común entre todos aqueles que están a tentar contribuír a que a actual situación cambie.

Máis ...
A terra manda

A terra manda

Os indíxenas guatemaltecos seguen conservando a cosmovisión maya como a mellor forma de tomar decisións e de sentirse en comuñón coa terra.

Máis ...
Lugo sen fogar

Lugo sen fogar

O proxecto ‘ Lugo sen fogar’ dirixe unha mirada de comprensión e de escoita sobre unha realidade que para unha parte da sociedade resulta incómoda ou indiferente.

Máis ...
Frontpage Slideshow | Copyright © 2006-2010 JoomlaWorks, a business unit of Nuevvo Webware Ltd.
Amosando elementos por tag axuda humanitaria

Análise da ONG de Desenvolvemento a través da Coordinadora estatal de ONGD

Madrid, 11 de xaneiro de 2012. Dous anos despois do terremoto que arrasou Porto Príncipe e nun contexto marcado por severos recortes en cooperación, a ONG de Desenvolvemento españolas que traballan no país renden contas, explican o seu traballo e analizan os retos que quedan por diante na promoción do desenvolvemento do país. 


Publicado España

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desestimou o recursos de reposición presentado pola Coordinadora Galega de ONGD contra a Orde do 24 de maio de 2011, pola que se deixa sen efecto a convocatoria de proxectos de acción humanitaria no exterior.

Publicado Galicia

Un encontro clave para promover a transformación do sistema agrario e alimentario. Os participantes debaterán sobre as políticas agrarias europeas, incluíndo a súa responsabilidade nas crises alimentarias, e sobre o fomento de alternativas social, ambiental e economicamente sostibles ao modelo agrario e alimentario.

Os delitos cometidos o pasado mes de xuño en Kadugli, no estado sudanés de Kordofán do Sur, poderían, de ser probados, constituír crimes de guerra e contra a humanidade, segundo a Oficina da ONU para os Dereitos Humanos.

Publicado Mundo

Máis de 10 millóns de persoas do Corno de África sofren unha das crises humanitarias máis graves das últimas décadas. E por iso que distintas ONGD que traballan na zona dende hai anos, habilitaron números de contas de emerxencia para recadar fondos.

Publicado Mundo

A Coordinadora Galega de ONGD emprenderá medidas administrativas e xudiciais, se é preciso, contra as dúas ordes aprobadas o 24 de maio que, unha vez máis, dinamitan a cooperación galega. Sostén que en dous anos o goberno galego reduce un 48% o orzamento dedicado á loita contra a pobreza mundial.

Publicado Galicia

Nun só día, a Xunta de Galicia recorta un 45% os orzamentos de cooperación ao desenvolvemento de 2011. A CGONGD denuncia que o executivo vulnera, unha vez máis, os acordo establecidos no Pacto Galego contra a Pobreza e esixe o seu cumprimento.

Publicado Galicia

O Padre Ángel viaxa a Iemen e Libia esta Semana Santa para pedir que cesen os ataques á poboación civil, distribuír doazóns, e estudar próximas accións de axuda ás víctimas.Desde estes países en conflito o presidente da ONG fai chamamento a favor da paz.

Publicado Reportaxes

O Programa Mundial de Alimentos (PMA) abrirá esta semana unha ponte aérea humanitaria para alimentar ás decenas de miles de marfileses desprazados das súas casas a causa da recente crise política.

Publicado Mundo

ACNUR, co apoio de Intervida, despregará nas provincias da fronteira norte de Ecuador, con Colombia, un programa de integración educativa para a poboación infantil de refuxiados e solicitantes de asilo colombianos. O obxectivo é garantir o acceso á educación dos menores desprazados mediante a supresión de todas as barreiras que o impiden.

Publicado Mundo
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 2

Destacamos en portada

Comunicación sen barreiras

Últimas Noticias

Ver todas las noticias

Ultimos Proxectos

Ver todos los proxectos

Radio integrada na rede de emisoras da ONU

ESCOITA Agareso Radio

AGARESO Radio

Winamp  windows Media Player  Real Player  QuickTime


Axenda

Buscar

Últimos tweetts