Este setembro foi un gran mes, no que a boas novas se refire. O 1 de setembro saíu a esperada resolución da Xunta de Galicia de proxectos de Cooperación no Exterior e Agareso, asociada con ACPP Galicia, obtivo financiación para dous proxectos.

Polo tanto, seguiremos traballando en El Salvador, experiencia que comezou no 2010 e que xa non tivo parada. Durante o que queda de 2017 e o 2018 seguiremos fortalecendo á emisora comunitaria RTV Izcanal formando ao seu voluntariado e dotándoa de novos equipos, afondaremos nas sinerxías entre todas as emisoras comunitarias de Centroamerica que integran a Asociación Mundial de Radios Comunitarias, lanzaremos a canle on line Comunitaria Radio e iniciaremos unha nova líña de formación en comunicación social a través da Universidade de El Salvador.

Para complementar as nosas accións, realizaremos formación en incidencia política e comunicación para as cooperativas de pesca artesanal e apoiaremos todas as actividades de sensibilización que estean dentro deste gran proxecto. O noso traballo irá da man das nosas contrapartes locais a Fundación Cordes e a Fundación Comunicándonos.

Ademais de continuar traballando en Centroamérica, daremos o salto ao Caribe co proxecto que iniciamos en República Dominicana e que xurde tras a identificación realizada o pasado xaneiro de forma conxunta entre Agareso e ACPP.

En Dominicana traballaremos nos batey, comunidades creadas ao redor dos inxenios azucreiros, que carecen en moitos cosos de servizos básicos. Dentro do proxecto de ACPP no que se traballa a saúde reprodutiva, a igualdade de xénero e o acceso a vivenda digna, nós realizaremos obradoiros en centros educativos de TIC e xénero, para que creen as súas propias mensaxes contra o machismo e pola igualdade, e formaremos a mozas e mozos de instituto para que poñan en marcha programas de radio con contido social nos Centros Tecnolóxicos Comunitarios dos seus batey. Todo elo para que? Pois para contribuír a través da comunicación o cambio social.

Igualmente neste proxecto apoiaremos coa no experiencia todas as actividades e materias de sensibilización e visibilización que se elaboren desde Dominicana da man do Instituto de Acción Comunitaria. Quédanos moito traballo por diante, o asumimos con responsabilidade, pero tamén cunha grande ilusión. Estará a cargo de ambos proxectos a nosa coordinadora técnica Lorena Seijo.