Videos

01/11/2010

Lugo sen fogar

O proxecto ‘ Lugo sen fogar’ dirixe unha mirada de comprensión e de escoita sobre unha realidade que para unha parte da sociedade resulta incómoda ou indiferente. As imaxes cóntannos como ‘ os outros’ non están só no Sur. Están entre nós. E tamén nos queren facer chegar as imaxes algo máis importante, a idea de que calquera de nós podería ser un deles, a comprensión de que nunhas circunstancias persoais similares, probablemente nós estariamos igual e levariamos un modo de vida semellante.

Non se trata de presentar ás persoas sen fogar cunha visión que oculte os aspectos negativos da súa vida. Tampouco se trata de presentalos para facer xuicios éticos. A cámara de Pedro Agrelo buscou comprender e escoitar a persoas coas que o autor do proxecto fixo por coincidir durante meses, nun traballo de vagar, onde o primeiro non era contar senón coñecer e logo contar. Con este proxecto, realizado principalmente na cidade de Lugo, téntase tamén denunciar o déficit de servizos de asistencia e de inserción social que se lle ofrecen ás persoas sen fogar.


Lugo sen fogar from AGARESO on Vimeo.


Mapa de proxectos

Agareso Radio

Programa online

Axenda

Agosto 2014
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31