Dentro dos traballos do alumnado do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional que Agareso organiza dende fai anos xunto a Asamblea de Cooperación pola Paz, atopamos diversos formatos e ferramentas.

Neste senso Pablo Santiago quixo visitar dous dos proxectos que están activos agora mesmo en Galicia, para deixar testemuña das accións de potenciamento das competencias mediáticas nas nosas escolas.

Nesta reportaxe en formato audiovisual, preséntanse dous proxectos: “Xornalismo na Escola” do Colexio de xornalistas de Galicia; e EDPLAB, de Agareso. Nela se recollen as declaracións das persoas que están levando a cabo estos proxectos, así como algunhas das frases recollidas por parte dos rapaces e rapazas que están a aprender connosco.