Pablo, Bea e Sofía presentan o seu proxecto “Galicia sen fronteiras”, un blog acerca da capacidade e a necesidade de asilo dende Galicia para os refuxiados e refuxiadas. Estes 3 xornalistas decidiron comezar un proxecto que ofrecera unha posible solución á problemática da despoboación do rural galego e a incesante chegada de persoas en busca de asilo a Europa dende varios lugares.

Imaxe: Rede Acampa

A súa primeira meta é incluír nesta experiencia á sociedade galega, a concellos e institucións, ONGDs e, sobre todo, darlle voz aos refuxiados e refuxiadas e que sexan eles e elas quenes decidan sobre o seu futuro. Nesto senso non se trata de obligalos ou obligalas a mudarse ao rural, senón a poñer os recursos desaproveitados en man de persoas que estean potencialmente interesadas neles.

Estes 3 xornalistas teñen participado no Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional que organizan Agareso e ACPP cada ano, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Invitamosvos a que visitedes o traballo desenvolto por eles no seguinte enlace: Galicia sen Fronteiras