Reportaxes

04/03/2013

O Salvador: Xogo e futuro van da man

Escrito por Laura L. Ruiz
O Salvador: Xogo e futuro van da man Emerson Díaz

Por Laura L. Ruiz e Emerson Díaz. Aínda que o concepto Educación para o Desenvolvemento está aínda en definición, hai unha verdade na que todo o mundo coincide: a educación é o todo para lograr un mundo de igualdade. Este é o obxectivo que se persegue desde organizacións e institucións que traballan con alumnos e profesores en todas partes do mundo. Queren evitar o abandono escolar temperán, a analfabetización, pero tamén a discriminación e a inxustiza. A secuela de que por nacer nunha zona ou noutra se condene a esa nena ou neno a un futuro incerto. Romper as barreiras sociais impostas, as económicas e, sobre todo, que nun futuro sexa un cidadán comprometido coa loita contra a pobreza.

O Salvador, país que visitaron recentemente un grupo de reporteiros de Agareso, é un país exemplo deste desafío. Coa guerra civil que arrasou o país hai apenas 20 anos aínda na retina, os máis novos buscan unha formación que lles permita mellorar. Unha ruta que moitas veces pasa polo éxodo do rural ás cidades e a inmigración. Un terzo dos salvadoreños do mundo viven en Estados Unidos, o que fai que exista un baleiro xeracional no país.

Tamén hai que pensar que moitas veces cursar estudos intermedios ou superiores non é tan sinxelo. As familias máis pobres, como as da Illa de Montecristo ou Tasajera, dificilmente poden enviar aos seus fillos adolescentes ao instituto. Non só está o feito de que poden tardar horas en chegar ao centro de estudos, senón o gasto que supón agarrar unha lancha e despois o autobús ou pick-up. A cooperación internacional e o Goberno posibilitan que cada vez máis haxa un instituto preto de cada grupo de poboación, pero que os mozos e mozas queiran seguir estudando depende do que a sociedade lles ofreza.

Para demostrar que formarse e estudar si que cambian realidades está o labor de profesoras e mestre que se esforzan en que mereza a pena camiñar até o centro ou soportar as altas temperaturas dentro das aulas. Tamén que soñen con estudar na universidade, un camiño no que ademais da barreira económica atópanse con outro atranco: a seguridade. Algunhas das familias da Pita ou A Colorada admiten que se pensan moito o de enviar ao fillo ou a filla a San Salvador a estudar por medo "a que llo devolvan nun cadaleito".

Pero antes de decidir se estudar, as nenas e nenos enfróntanse a un reto maior: xogar. Unha actividade sumamente importante para o desenvolvemento das capacidades das persoas, pero insuficientemente protexida. Moitos axudan desde moi pequenos aos seus pais cosendo redes de pesca, na venda ambulantes ou moendo o millo. Labores valiosas para aprender un oficio, pero sempre que non resten horas de goles, agocho ou rayuelas.

  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz
  • Emerson Díaz

Mapa de proxectos

Agareso Radio

Programa online

Axenda

Decembro 2014
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4