"Un reporteiro comprometido é algo máis que unha imaxe ou un millar de palabras. É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza"
Arquivo Elementos filtrados por data: Febreiro 2012
Agareso Arquivo

29, febreiro. 2012 - Martín Berasategui, Eva Hache, Ana Pastor, Elsa Punset ou Nuria Roca son só algúns dos nomes que apoiaron este proxecto colaborativo coa súa presenza no libro a través de reflexións persoais. Os beneficios xerados pola venda de Luces na Sombra -editado pola axencia Redacciona- irán destinados á campaña “Todos Contamos” que ten en marcha Save the Children para reducir a mortalidade infantil en nenos e nenas menores de cinco anos.


Publicado España
Martes, 28 Febreiro 2012 07:54

Convivir cunha enfermidade rara

Convivir cunha patoloxía pouco frecuente significa loitar, sortear obstáculos, aspirar, soñar, investigar, informar, chorar, rir, camiñar, sufrir, voar... Vivir cunha enfermidade rara é unha experiencia de aprendizaxe continua para os pacientes, as súas familias e o seu ámbito. 

Martes, 28 Febreiro 2012 20:20

Especial - Día das Doenzas Raras

A comunicación para o desenvolvemento é unha das variantes presente neste día das Doenzas Raras. A través da voz e experiencia de Marta Pérez, usuaria de COGAMI, temos o testemuño dunha persoa nesta realidade social. Agareso Radio abre a posibilidade de aproximarse a un novo contexto.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

O proxecto de sensibilización ‘Coñecendo os pobos, achegando culturas’ que inclúe a organización da exposición de fotografía ‘Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender’, e co que colabora a Consellería de Benestar, poderá verse ata o próximo 7 de marzo no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da praza do Matadoiro en Santiago de Compostela.

Publicado Galicia

O 29 de febreiro é o Día Mundial das Enfermidades Raras (EERR). FEGEREC organiza a súa campaña anual de sensibilización coa fin de facer chegar a todos os sectores da cidadanía galega a necesidade e dereito constitucional dun trato equitativo cara as persoas que padecen unha ER e as súas familias.


Publicado Galicia
Domingo, 26 Febreiro 2012 19:56

Informativo 'Sen Barreiras' - COGAMI

Edición informativa sobre as prinicipais novas que presenta o ámbito da discapacidade. Cristina Pet conduce un repaso dos temas maís salientables da última semana relacionados coa insercción labora, obradoiros e charlas específicas.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio

Edición informativa sobre as prinicipais novas que presenta o ámbito da discapacidade. Cristina Pet conduce un repaso dos temas maís salientables da última semana relacionados coa insercción labora, obradoiros e charlas específicas.

Download Embed Insertar este video en tu web

Publicado AG Radio
Xoves, 23 Febreiro 2012 12:14

Arrinca en Vigo a Liga Galega de Boccia

Vigo, 23 de febreiro de 2012.- A cidade de Vigo será a sede este sábado da primeira xornada da liga Galega de Boccia, organizada polo club vigués Tamiar-APAMP. Un total de 20 deportistas dos clubs ADM (Ferrol), Tamiar-APAMP (Vigo) e AIXIÑA (Ourense) daranse cita no Pavillón de Travesas (situado na Avenida de Castrelo, nº 1) a partir das 10.00 horas para dar o pistoletazo de saída á liga 2012.


Publicado Galicia

Agachado no reborde dunha piragua na marxe do lago que atravesa a cidade, no barrio de West Point, suburbios de Monrovia, Liberia, un adolescente alíviase realizando as súas necesidades fisiolóxicas directamente na auga, mentres, un pouco máis abaixo, outro neno recolle do mesmo líquido para lavar un recipiente, que a súa familia afai a usar para o aprovisionamento de auga para consumo.


Publicado Reportaxes
Martes, 21 Febreiro 2012 12:51

O inferno das mazmorras hondureñas

O desastre humano do cárcere de Comayagua, en pleno corazón de Honduras, é froito dunha falta de "todo" no cumprimento dos Dereitos Humanos. A cifra podería acariñar os catro centenares de mortos atrapados nun incendio dun centro penal que, polas características coñecidas, máis ben representaría aos presidios de outrora. Un espazo de reclusión convertido nunha rateira mortal ante a ausencia manifesta de responsabilidade gobernamental, administrativa e profesional.


Publicado Blog-Referencias
Inicio
Anterior
1
Páxina 1 de 3

Buscar

Calendario

« Febreiro 2012 »
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29