A Fundación Secretariado Gitano de Galicia volveu contar con nós para contar en vídeo que significa para os mozas e mozos en risco de exclusión poder aprender unha profesión e ter a oportunidade de demostrarse a si mesmos e á sociedade que elas e eles teñen moito que aportar. Os nosos compañeiros Oscar Vázquez Arrojo e Pablo Santiago traballaron este verán man a man coa delegación da Fundación en Pontevedra e A Coruña para poder crear estas pezas audiovisuais, que se suman ás que xa fixeramos en Lugo, Santiago e Vigo. Convidámosvos a coñecer este interesante proxecto:

Aprender Traballando Pontevedra (2018)

Aprender Traballando A Coruña (2018)

Aprender Traballando Lugo (2017)

Aprender Traballando Santiago (2017)

Aprender Traballando Vigo (2015)