Antonio Grunfeld dirixe o seu primeiro documental Escuela de Babel na facultade de Comunicación Audiovisual en Madrid. Ao rematar a universidade, traballa como iluminador en Canal+, Cuatro e CNN. En 2008, dirixe o seu segundo documental Dachau, tras 63 año rodado en Munich (Alemaña). Antes de ir vivir a Guinea Ecuatorial, traballa tres anos como realizador nunha produtora de publicidade en Madrid e  comeza a colaborar de maneira voluntaria con AGARESO en Madrid, Tánxer, El Salvador, Senegal e Guatemala. Desde 2011 ata 2016 reside en Guinea Ecuatorial, onde dirixe varios documentais para distintas organizacións (PNUD, FAO, AECID). En 2016 estrea con AGARESO El Derecho a un Techito, documental rodado en Guatemala xunto con Arquitectura Sen Fronteiras e El Secreto del Bosque, un documental rodado integramente en Guinea Ecuatorial sobre a importancia das áreas protexidas, que conseguiu 5 premios en distintos festivais de todo o mundo (Barcelona, Berlín, Xangai, Los Ángeles e México).