Nunha illa nos confíns do mar había unha aldea….. Así comeza a marabillosa historia chamada a Illa de Cores, un conto infantil realizado no marco do proxecto Escolas Sen Racismo, que grazas ao alumnado de 5º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago agora ten vida.

Durante 6 sesións de traballo o alumnado, dividido en grupos e con función específicas aprenderon á aplicar á técnica do Stop Motion e construíron esta fermosa historia baseada no conto da nosa voluntaria Lara Dopazo, que é un chamado á reflexionar sobre a sociedade de consumo e os efectos da nosa voracidade no medio ambiente.

Pero tan importante que aprender á usar esta ferramenta e comprender o concepto de consumo sostible, foi que o alumnado aprendeu a traballar en grupo, a asumir roles, a entender a co-responsabilidade e aplicar a creatividade.

Neste gran esforzo participou un monitor de Agareso, Óscar Vázquez, e unha voluntaria, Uxía Pérez, que fixeron todo o que estivo nas súas mans para que do caos creativo que implican este tipo de metodoloxías xurdira un produto audiovisual de calidade e 100% fabricado polo alumnado.

Enlace Making of:

O proceso rematou, como non podería ser doutro xeito, cunha presentación pública para o resto do alumnado, unha forma de por en valor todo o seu esforzo e de espallar a mensaxe fóra da aula.

                                                   

Este obradoiro forma parte das actividades Educomunicativas do proxecto EpD, que realizamos canda Asemblea de Cooperación pola Paz en centros educativos de Galicia, gracias á financiación de Cooperación Galega e a Xunta de Galicia.