O proxecto Aprender Traballando da Fundación Secretariado Xitano non é só un proxecto educativo e laboral no que ofrecen posibilidades de conseguir un traballo digno a mozas e mozos xitanos, é tamén un loita contra os prexuízos raciais que afectan de cotío á comunidade xitana. Aínda hoxe atoparte unha persoa xitana traballando nun hotel de 5 estrelas é case imposible. E cal é a razón? Simplemente a falta de oportunidades.

Neste proxecto, levado a cabo en 7 dos mellores hoteis de Compostela, o alumnado aprende traballando a ser camareiro/a, axudante de cociña, camareiro/a de piso… Este vídeo ten como obxectivo por en valor o proxecto, animar a máis empresas a que participen nel e motivar a máis rapaces e rapazas a que aposten por un futuro laboral digno. Contamos coa participación de parte do alumnado, dos traballadores e traballadoras dos hoteis que os forman e cos xestores dos hoteis que apoian esta iniciativa. Moitas gracias a tod@s!

Aquí tedes o resultado: